Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 141/1994).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aerosubterránea a 20 kV (modificado 1), denominada Santa María-Furelos, de apoio nº 2 da liña subestación Melide a centro de transformación Santa María, de 1.810 m de lonxitude tramo aéreo, de 319 m de lonxitude tramo subterráneo e de 3.993 m de lonxitude tramo aéreo, entroncado na liña As Cazallas-Melide-O Leboreiro, no termo municipal de Melide (expte. nº 141/1994, modificado 1), por resolución desta delegación provincial do 10 de decembro de 2002, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 1 de abril de 2003 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Melide, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Correo Gallego do 13 de xuño, 12 de xuño e 15 de maio de 2002, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 12 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña