Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.877

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de marzo de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro) pola que se fixa a data, a hora e o lugar da realización do primeiro exercicio do devandito proceso.

Advertido erro no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 59, do martes 25 de marzo de 2003, cómpre publica-la corrección seguinte:

No punto 2, páxina 3.677, onde di: «Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado ás 10 horas, ....», debe dicir: «Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado ás 10 horas, en chamamento único, de conformidade co establecido na base II.4.4., ...».