Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

A alcaldía, por Decreto do 12-3-2003, aprobou con carácter definitivo a delimitación do polígono 01-B dentro da área de reparto nº 29 das previstas no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín, segundo o procedemento establecido no artigo 121 da Lei do solo de Galicia, Lei 1/1997, do 24 de marzo, e de acordo co diposto na disposición transitoria 9ª da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, por instancia de Construcciones Limia, S.L.

O que se fai público, significando que contra este acordo de aprobación definitiva cabe interpor recurso potestativo de reposición ante a alcaldía no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpondo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, sen que caiba simultanear ámbolos dous recursos.

Contra a resolución expresa ou presunta do recurso potestativo de reposición soamente se admitirá recurso contencioso-administrativo. Os prazos sinalados contaranse a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren conveniente.

Verín, 12 de marzo de 2003.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde