Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 28 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de incendios OU 013/2003 IN e catro máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións, os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolver este expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos o importe da sanción indicado no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería, de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 28 de febreiro do 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

ExpedienteDenunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción euros

OU 013/03 INJaime Diéguez Vázquez

DNI: 34997430

San Bartolomeu

32514 Boborás

Abandono de vehículo

OR-5655-D

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF300,51 A

OU 014/03 INManuela Jacinta González Ampudia

DNI: 15902205

Avd. Laza, nº 12-2º A

32600 Verín

Abandono de vehículo

SS-9018-H

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF300,51 A

OU 022/03 INDroguería Perutas, S.L.

CIF: B-32012908

Xeneral Franco, nº 25

32003 Ourense

Abandono de vehículo

OR-14955

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF300,51 A

OU 099/03 INNicanor Arias Arias

DNI: 09945808-X

Gran Capitán, nº 15-17

24010 Trobajo del Camino

Abandono de vehículo

LU-7460-C

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF300,51 A

OU 012/03 INDistribuciones Graña

CIF: A-24024382

Travesía Eladio Bailina, nº 9

24400 Ponferrada

Abandono de vehículo

LE-9709-O

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF300,51 A