Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto para a creación e explotación dun vertedoiro de residuos da construcción e demolición do Concello da Pobra de Trives (Ourense), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello da Pobra de Trives.

En cumprimento do disposto no Acordo do 13 de febreiro de 2003 desta dirección xeral, polo que se establece o procedemento de tramitación de urxencia no procedemento de avaliación de impacto ambiental, reducíndose á metade os prazos de tra

mitación, o órgano ambiental somete o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o prazo de 15 días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto para a creación e explotación dun vertedoiro de residuos da construcción e demolición do Concello da Pobra de Trives (Ourense).

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de quince (15) días, contandos a partir do seguinte día á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental