De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro ), de réxime xurídico das admininistracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 10/1998, de 21 de abril, de residuos, en relación co Catálogo de residuos de Galicia, aprobado polo Decreto 154/1998, do 28 de maio (DOG do 5 de xuño), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Noméase instructor deste procedemento a Carlos Fernández Valdivielso, e secretaria a Paloma Quiroga López, funcionarios desta delegación provin
cial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.
Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, nº 70, 2º baixo.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
Lugo, 24 de febreiro de 2003.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: ESCA 126/02-LU.
Denunciado: Construcciones Sal.
DNI: CIF nº B-27006049.
Enderezo: rúa Ourense, nº 19 Lugo.
Fieto denunciado: realizar un recheo en Santa Eulalia de Mazoy, con entullos (plásticos, terra, asfalto, pedras, etc.).
Precepto sancionador: artigo 34.3º b) da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.
Cualificación: grave.
Sanción: 601,02 euros.