Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/280-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Dobreixa.

Situación: Concello de Vila de Cruces.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa, a 15/20 kV, de 18 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56,

desde un apoio da L.M.T. por 702-Cruces ata o apoio HVH-1600/134 desde onde continúa con conductor forrado, tipo PAS-50 en 553 m de lonxitude, ata a liña subterránea que se proxecta. L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 658 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde o final da L.M.T. aérea forrada ata o C.T. que se proxecta en Dobreixa, no concello de Vila de Cruces. C.T. de 160 kVA, R/T 15 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 31 m de lonxitude con conductor R.V.

Con data do 18-7-2002 solícitase a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto da instalación que se describe.

Con data do 18-12-2002, solicítase que se anule a declaración de utilidade pública por chegar a un acordo cos propietarios.

Remítese separata ó Concello de Vila de Cruces, que non interpón condicionado e á Deputación Provincial de Pontevedra; o solicitante acepta as condicións desta última.

Información pública no Concello de Vila de Cruces do 8 ó 23 de agosto de 2002, ambos inclusive.

Información pública no Diario Oficial de Galicia e BOP do 5-9-2002 e do 23-10-2002, respectivamente, por un período de trinta días.

Publicación na prensa (La Voz de Galicia) do 7-8-2002.

Alegación do 6-11-2000 de MIBASA.

Presentadas alegacións por José Alfredo Vallo Costoya en nome de MIBASA, e con data do 13-11-2002, alega que o expediente coincide co 2000/20 anteriormente tramitado e anulado. Que non foi tido en conta como afectado cando o proxecto afecta á súa concesión de explotación Monte Fabeira nº 2360 e as súas demasías. Que considera innecesaria a obra por non variaren as condicións. Que causa prexuízos ó limita-la explotación e condiciona futuras actuacións. Xunta plano.

Trasladadas as ditas alegacións a Unión Fenosa, esta indica que a diferencia fundamental é que o tramo que afecta a concesión é subterránea e discorre por viais de dominio público, polo que non afecta á explotación. Que dispón do 100% dos permisos dos propietarios afectados.

Respecto ás ditas alegacións MIBASA ratifícase en que o proxecto é en parte igual e máis prexudicial. Que non é certo que se dispoña do 100% dos permisos posto que falta o seu. Que os viais xa existían cando se concedeu a explotación. Que a lexislación mineira impide traballos de voaduras a menos de 100 m dunha liña eléctrica polo que si afecta á explotación.

Considerando que a construcción do C.T. é necesaria por canto que se comprobou que a tensión de subministración non alcanza o mínimo regulamentario. Que existe unha diferencia fundamental no proxecto por canto se fai subterráneo non só o

tramo que afecta á concesión senón que tamén parte das posibles demasías. Que MIBASA non ten actualmente ningún dereito recoñecido administrativamente sobre estas. Que ó non se-la liña aérea, senón que é subterránea, baixo tubo, con conductor enmallado e este conectado a terra non xera campos externos. Que MIBASA non obtivo dereito sobre a superficie do terreo polo que vai discorre-la liña, mentres que Fenosa manifesta dispor do permiso dos propietarios actuais, e que, tanto no expediente de concesión de explotación como nos plans de labores que a desenvolven anualmente, non figura o inicio de labores sobre a zona de localización da liña, nin tan siquera nas proximidades a esta, entre outras cousas por existir vivendas e granxas próximas ás que vai destinada a subministración.

En consecuencia cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do R.D. 1955/2000, será de doce meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra