Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/23-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S. C.T. Soutomaior, 1.

Situación: concello de Soutomaior.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV, con conductor tipo R.H.V. de 311 m de lonxitude, desde o C.T. José Solla 91 ata o C.T. que se proxecta de 250 kVA, R/T 15 kV-380/220 V, situado no edif. da rúa Soutomaior, 1, no concello de Soutomaior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra