Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/20-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T.S. prolongación Otero Pedrayo.

Situación: concello de Gondomar.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 274 m de lonxitude, desde a L.M.T.S. entre os CC.TT. Rosalía de Castro e Gondomar ata o C.T.S. de 400 kVA, R/T 20 kV-380/220 V, que se proxecta na prolongación Otero Pedrayo. Concello de Gondomar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2003.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra