Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.796

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 25 de marzo de 2003 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de estatística da Xunta de Galicia, 3/2002, convocado pola Orde do 10 de decembro de 2002.

Convocado o concurso 3/2002, pola Orde do 10 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 244, do 19 de decembro, corrección de erros no Diario Oficial de Galicia nº 251, do 30 de decembro de 2002) e á vista da proposta de adxudicación de vacantes ós participantes no concurso elevada pola comisión de valoración mediante acordo adoptado na correspondente sesión, esta consellería, de conformidade co previsto na base VI.6 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 3/2002, adxudicándolles ós/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo I os postos de traballo que se especifican nel.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e na base VIII da convocatoria do concurso, a toma de posesión dos/as funcionarios/as que obtivesen un posto de traballo como consecuencia da resolución do concurso efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento, computándose estes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde que pon fin a vía administrativa poderase interpor recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración pública