Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 27 de marzo de 2003 Páx. 3.762

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2003 pola que se regulan e protexen os datos de carácter persoal existentes no Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro (BOE nº 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal e o uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

A finalidade desta regulación é protexe-los dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente o seu honor e intimidade, tanto persoal como familiar.

No seu artigo 20.1º dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

En consecuencia, en virtude das atribucións que me confire o artigo 8 da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Mediante a presente resolución o Inega crea os ficheiros especificados no anexo, que conteñen a información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros.

Segundo.-O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, dereitos e obrigacións recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros do Inega, ós que se refire o anexo, só serán utilizados para os fins expresamente previstos e polo persoal debidamente autorizado.

Cuarto.-Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

Quinto.-Esta resolución entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2003.

Juan Caamaño Cebreiro

Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Ficheiros de nova creación nos arquivos

ou sistemas informáticos do Inega

* Control de presencia.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.

Control do persoal mediante a recollida diaria das fichaxes realizadas no terminal horario.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda recoller datos de carácter persoal.

Persoal do Inega.

c) Nivel de seguridade.

Baixo.

d) Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

e) Estructura básica.

Base de datos.

f) Datos de carácter persoal recollidos.

Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, número de tarxeta persoal.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Enderezo do Inega.

h) Dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

Poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Ourense, 6, 15701 Santiago de Compostela.

i) Procedemento de recollida de datos.

Lectura informática.

j) Cesión de datos.

Ningunha.

* Alumnos cursos.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.

Xestiona-lo correcto desenvolvemento dos cursos.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda recoller datos de carácter persoal.

Asistentes ós cursos.

c) Nivel de seguridade.

Baixo.

d) Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

e) Estructura básica.

Base de datos.

f) Datos de carácter persoal recollidos.

Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, estudios cursados, idade, profesión.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Enderezo do Inega.

h) Dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

Poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Ourense, 6, 15701 Santiago de Compostela.

i) Procedemento de recollida de datos.

Formulario.

j) Cesión de datos.

Ningunha.

* Contabilidade e fiscalidade.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.

Xestión interna da contabilidade e fiscalidade do ente.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda recoller datos de carácter persoal.

Clientes, provedores e acredores do Inega.

c) Nivel de seguridade.

Baixo.

d) Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas en el correspondente documento de seguridade.

e) Estructura básica.

Base de datos.

f) Datos de carácter persoal recollidos.

Datos de carácter identificativo: NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono, nº de conta bancaria.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Enderezo do Inega.

h) Dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

Poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Ourense, 6, 15701 Santiago de Compostela.

i) Procedemento de recollida de datos.

Formulario.

j) Cesión de datos.

Ningunha.

* Persoal.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.

Xestión de persoal e confección das nóminas.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda recoller datos de carácter persoal.

Persoal do Inega.

c) Nivel de seguridade.

Baixo.

d) Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están espe

cificadas no correspondente documento de seguridade.

e) Estructura básica.

Base de datos.

f) Datos de carácter persoal recollidos.

Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo, estudios, teléfono, experiencia profesional, estado civil, fillos, nº de conta bancaria, NASS.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Enderezo do Inega.

h) Dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

Poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Ourense, 6, 15701 Santiago de Compostela.

i) Procedemento de recollida de datos.

Currículum vitae e formularios.

j) Cesión de datos.

Ningunha.

* Rexistro de visitas.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.

Control do acceso ó Inega.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda recoller datos de carácter persoal.

Visitas do Inega.

c) Nivel de seguridade.

Baixo.

d) Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

e) Estructura básica.

Base de datos.

f) Datos de carácter persoal recollidos.

Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, empresa na que traballa.