1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Narón.
b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación.
c) Número de expediente: O-1/03.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: cubrición da pista polideportiva.
b) Lugar de execución: estrada do Trece-Sedes.
c) Prazo de execución: 6 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 198.608,39 euros.
5. Garantías:
Provisional: non se esixe, ó ser importe menor ó establecido no artigo 135 do TRLCAP.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Negociado de Contratación do Concello de Narón en horas de oficina (das 9 ás 14 horas).
b) Enderezo: praza de Galicia, 1.
c) Localidade e código postal: Narón, 15570.
d) Teléfono: 981 33 77 00, ext.: 314.
e) Data límite de obtención de documentos e información: durante o período de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista:
Clasificación necesaria: grupo C, subgrupo 3, categoría D.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: dentro dos vinteseis días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia. Se o último día coincidise en domingo ou festivo o prazo rematará o día laborable inmediatamente posterior.
b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación e conforme o modelo que no devandito prego se establece.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Narón, praza de Galicia, 1, 15570.
d) O licitador estará obrigado a mante-la súa oferta durante un prazo de tres meses.
e) Non se admiten variantes.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: Concello de Narón.
b) Enderezo: praza de Galicia, 1.
c) Data: ás 12 horas do quinto día hábil seguinte, a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, non considerándose hábil para estes efectos os sábados.
Narón, 30 de xaneiro de 2003.
Xoán Gato Díaz
Alcalde