Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 26-2-2003, aprobou inicialmente o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación Norte-14 (rúa Poeta Manuel María, rúa Acacia, rúa Otero Besteiro e rúa Camiño de Pipín) do PXOU vixente, coa modificación da delimitación da antedita unidade de actuación contida nel, promovido por Cysem, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 13 de marzo de 2003.

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área