Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 26 de marzo de 2003 Páx. 3.714

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de febreiro de 2003 pola que se regulan as probas de acceso á universidade para os alumnos e as alumnas que cursaron as ensinanzas de bacharelato previstas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Advertido erro no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 53, do luns 17 de marzo de 2003, cómpre publica-la corrección seguinte:

No artigo 5º, punto 3, páxina 3.164, onde di: «... Entre elas, necesariamente incluiranse as dúas materias vinculadas a cada vía de acceso; a terceira elixiraa libremente o estudiante entre as propias da modalidade cursada», debe dicir: «... Entre elas, necesariamente incluiranse as dúas materias vinculadas a cada vía de acceso; a terceira elixiraa libremente o estudiante entre as propias de modalidade cursadas».