A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 6-3-2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o documento denominado Proxecto de compensación do solo urbano non consolidado P-8 Cantón de Cora do Plan Xeral de Ordenación Municipal, correspondente ó estudio de detalle aprobado definitivamente polo Pleno do Concello na sesión celebrada o día 27-12-2002 (DOG nº 604, do 17 de xaneiro, BOP nº 22, do 28 de xaneiro de 2003), promovido por Bogamar Galicia, S.L., Varinca, S.L. e Vaibem-Const, S.L.; documento redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez en data 7-1-2003, e visado polo COAG en data 10-2-2003.
Segundo.-Aproba-la compensación do 10% do aproveitamento total correspondente ó Concello de Mugardos, que se materializará substitutoriamente nun local situado na planta baixa do edificio a construír na parcela R.02, descrita no punto 2.2.1.2, dunha superficie construída aproximada de 106 m, con acceso directo desde os espacios públicos, localizado na citada edificación e os lindeiros de acordo co plano nº 7 aproveitamento administración do documento aprobado no punto primeiro. Local valorado en 58.313,78 A, segundo informe do técnico municipal de data 20-11-2002, aprobado pola Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 28-11-2002.
Terceiro.-A eficacia xurídica do presente acordo queda condicionada á presentación polo interesado dun aval polo importe da valoración do 10% do aproveitamento total correspondente ó Concello de Mugardos, que ascende a 58.313,78 euros.
Cuarto.-Que se proceda á publicación do presente acordo no BOP e no DOG, así como á notificación de cantos figuran no expediente como interesados.
Recursos: contra o presente acordo, definitivo en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da presente notificación.
Así mesmo, poderá interpoñerse calquera outro recurso que se estime pertinente.
Mugardos, 12 de marzo de 2003.
Ramón Toimil Saavedra
Alcalde