Visto o artigo 5, epígrafe 7º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o presidente de Portos de Galicia
RESOLVE:
Darlle publicidade, mediante a publicación no DOG desta resolución, á Resolución do 24 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental das instalacións para a náutica recreativa en Vilanova de Arousa (Pontevedra), promovidas polo ente público Portos de Galicia.
A devandita declaración refírese en exclusiva á construcción e explotación das novas instalacións para a náutica recreativa proxectadas no porto de Vilanova de Arousa, que consisten basicamente en dous diques de 175 e 245 m, un recheo de 8.850 m, pantaláns pilotados cunha lonxitude de 542 m e unha dragaxe de 9.800 m.
A declaración foi incorporada ó citado expediente e encóntrase ó dispor de calquera interesado nas oficinas centrais de Portos de Galicia durante un prazo de trinta (30) días contados desde a publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.
Carlos Negreira Souto
Presidente do ente público Portos de Galicia