Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: r/ Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Denominación: C.T.I., R.B.T. Ponte Puñide.
Situación: O Pino.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 10/20 kV, de 232 m de lonxitude en conductor LA-30, que parte da L.M.T. A Rúa-Ponte Puñide e final no C.T. aéreo, de 100 kVA, en Ponte Puñide e enlace a baixa tensión. Concello do Pino.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 5 de febreiro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña