Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Godulfes.
Situación: Curtis.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión, aérea, núa a 15/20 kV, sobre apoios metálicos tubulares e de formigón, con conductor LA-56, de 1.641 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 7 da liña que alimenta o C.T. A Carriceira e final no C.T. Godulfes que se vai instalar.
Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA, e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Godulfes, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 99 m que se conectará á rede existente. Concello de Curtis.
O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial, resolve:
Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contados a partir da data desta resolución.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 5 de febreiro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña