Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.677

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 18 de marzo de 2003 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mediante Orde do 14 de xaneiro de 2003 (DOG nº 20, do 30 de xaneiro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicio, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, a correspondente dilixencia de cesamento e toma de posesión, da que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

Apelidos e nome: Rubal Pastor, Francisco Javier.

NRP ou DNI: 3328185446 A2060.

Grupo: A.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: xefe de Servicio de Inspección do Turismo.

Código do posto: CU.C06.00.001.15770.030.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Turismo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Cardelle Espasandín, Mercedes.

NRP ou DNI: 5247028024 A2051.

Grupo: B.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: xefa de Servicio de Fomento e Promoción.

Código do posto: CU.C06.00.002.15770.014.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Turismo.

Localidade: Santiago de Compostela.