Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.676

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), convocado pola Orde do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), pola que se fixa a data, a hora e o lugar da realización do primeiro exercicio do devandito proceso.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), mediante a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outu

bro de 2002 (DOG nº 199, do 15 de outubro), de conformidade coa base III.10 da convocatoria, correspóndelle ó tribunal fixa-lo lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

O tribunal, en sesión que tivo lugar o día 19 de marzo de 2003, acordou:

1. Realiza-lo primeiro exercicio da fase de oposición o día 12 de abril de 2003, sábado, ás 11.30 horas, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

2. Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado ás 10 horas, provistos do DNI o documento fidedigno acreditativo da súa indentidade, ó xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar, de conformidade co establecido na base II.2 da convocatoria.

3. As listas dos opositores admitidos para a realización deste primeiro exercicio estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública en San Caetano, Santiago de Compostela, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia en Ferrol, Vilalba, O Barco de Valdeorras, Lalín e Vigo.

4. Para efectos de aclaración dalgún punto dos incluídos nesta resolución, así como de información en xeral, poderase acudir ó teléfono de atención ó cidadán 902 12 00 12 e á páxina web da Xunta de Galicia: http://www.xunta.es.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2003.

Álvaro M. Rodríguez Carballo

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO