Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte comunal de Vilaseca, a favor dos veciños do lugar de Vilaseca, no concello de Trasmiras (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o dezaoito de decembro de dous mil dous, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común coa denominación de Comunal de Vilaseca, por solicitude dos veciños do lugar de Vilaseca, do concello de Trasmiras (Ourense).

Resultando que con data do 7 de novembro de 1995 tivo entrada no rexistro da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños do lugar de Vilaseca, concello de Trasmiras (Ourense), solicitando se declare o monte comunal de Vilaseca como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial en sesión celebrada con data do 20 de decembro de 1995, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores deste a Manuel Bouzas Costa e José Manuel Baltar Blanco, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia, e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños do lugar de Vilaseca, ó presidente da Deputación Pro

vincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Trasmiras, á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á Xerencia Territorial do Catastro, e na Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes: ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, e ó Servicio de Extensión Agraria e ó Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Trasmiras durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia estendida ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente, se practicou no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia, como segue:

Anotación letra A do predio 9178, ó folio 185, do tomo 701, libro 71 de Trasmiras.

Resultando que na reunión do xurado do 30 de setembro de 1998, se adoptou o acordo de nomear instructora a Míriam Areal López en substitución de José Manuel Baltar Blanco nos expedientes de clasificación pendentes.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais.

2. Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado.

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano.

4. Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable.

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividundo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños do lugar de Vilaseca, no concello de Trasmiras.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños do lugar de Vilaseca están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños do lugar de Vilaseca, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu Regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica- lo monte coa denominación de comunal de Vilaseca, de 93h 55a 60c, aproximadamente en conxunto de superficie a favor dos veciños do lugar de Vilaseca, no concello de Trasmiras (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: Trasmiras (Ourense).

Monte denominado: Comunal de Vilaseca integrado por 11 parcelas procedentes da concentración parcelaria de Trasmiras (TrasmirasOurense) cos números 585, 576, 575, 570, 654, 178, 180, 162, 181, 1.556, e 1.574.

Comunidade propietaria: veciños de Vilaseca, parroquia de Vilaseca.

Superficie: 93h 55a 60c aproximadamente en conxunto.

Parcela nº 585:

Superficie : 42.400 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: parcela nº 583 de Isabel Rúa Pérez, nº 584 de José Pérez Carballo.

Sur: canle de desaugadoiro.

Leste: estrada de Sarreaus a Vila de Rei.

Oeste: camiño.

Parcela nº 576:

Superficie: 23.500 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: parcela 580 de Manuel Sotelo Freirie e nº 581 de Ana Sotelo Rodríguez.

Sur: canle de desaugadoiro.

Leste: camiño.

Oeste: parcelas nº 578 1 e nº 578 2 de José Alonso Estravis.

Parcela nº 575:

Superficie: 76.820 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: canle de desaugadoiro.

Sur: igrexa católica, parcela nº 571 da parroquia de Vilaseca, nº 572 de Francisca Rodríguez Álvarez, nº 573 de Modesto Alonso Estravís, nº 574 de José Fiz Aguiar.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Parcela nº 570:

Superficie 62.240 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: canle de desaugadoiro e ponte pola que ten acceso á camiño.

Sur: camiño.

Leste: camiño.

Oeste: canle.

Parcela nº 654:

Superficie: 22.320 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño.

Sur: parcela nº 656 de Concepción Rodríguez Cuquejo e outros.

Leste: camiño.

Oeste: parcela nº 655 de Elena Fiz Aguiar.

Parcela nº 178:

Superficie: 6.600 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño.

Sur: parcela nº 177 de José Alonso Mellado.

Leste: camiño.

Oeste: parcela nº 179 de José Alonso Alonso.

Parcela nº 180:

Superficie: 362.070 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño.

Sur: camiño e canle.

Leste: camiño.

Oeste: canle.

Parcela nº 162:

Superficie: 117.550 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño.

Sur: parcela nº 161 de Juan Lozano Sotelo, nº 163 de masa común, nº 164 de Sixtina López Valcárcel, nº 165 de Antonio Fiz Aguiar, e nº 166 de Antonio López García.

Leste: camiño.

Oeste: nº 160 de Juan Lozano Fiz, e canle de desaugadoiro.

Parcela nº 181:

Superficie: 36.000 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: canle.

Sur: camiño.

Leste: parcela nº 182 de Francisco Rodríguez García.

Oeste: camiño.

Parcela nº 1.556:

Superficie: 158.260 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño, parcelas nº 1.561 de propietario descoñecido, nº 1.559 de Antonio Rodríguez Rúa, nº 1.558 de Rosa Rodríguez López e nº 1.557 de Adela Alonso Alonso.

Sur: camiño.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Parcela nº 1.574:

Superficie: 27.800 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: nº 1.573 de Irene Lozano Alonso.

Sur: nº 1.579 de Manuel Alonso Alonso.

Leste: camiño.

Oeste: canle de desaugadoiro.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Trasmiras, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais (Consellería de Medio Ambiente), ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8

e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, faise público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 19 de decembro de 2002.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Resolución do 14 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PO-EN-2002/13 (con-

servación da natureza).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

1. Contra a dita resolución caberá, de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación. Transcorrido o devandito prazo sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para tódolos efectos, sen prexuízo, se é o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo en Caixa Galicia mediante os impresos que ten á súa disposición na Delegación de Medio Ambiente en Pontevedra (r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta) nos prazos seguintes:

a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior.

b) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-EN-2002/13.

Denunciado: Miguel Ángel Martínez Hermida, enderezo: r/ Barrio Igrexia, nº 71 de Zamáns-Vigo (Pontevedra).

DNI: 36114032.

Feitos denunciados: acendemento de lume nos lugares non permitidos nos instrumentos de planificación do Parque Natural do Monte Aloia.

O denunciado alegou que o devandito lume, situado dentro dun pequeno bidón enriba dunhas pedras a escasamente a uns cinco centímetros do chan pero soltando cinzas no terreo no cal estaba situado, non revestía perigo xa que o tiñan vixiado.

Cabe subliñar que o denunciado e os seus acompañantes non dispuñan de ningún medio de extinción.

Feitos denunciados o día 7 de xullo de 2002 no Parque Natural do Monte Aloia no lugar de Pazos de Reis, no termo municipal de Tui.

Data do acordo da incoación: 23-7-2002.

Data do acordo da proposta: 10-10-2002.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Precepto infrinxido: artigo 62 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, en relación co punto 6.2º m) do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural Monte Aloia, aprobado por Decreto 274/2001, do 27 de setembro.

Precepto sancionador: artigo 69 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: multa de 60,10 euros.

Resolución do 13 de febreiro de 2003 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, en virtude das facultades que lle confire o artigo 9 dos estatutos da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos (Decreto 125/1996, do 7 de marzo), resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Título: execución das obras do proxecto de renovación do saneamento da travesía de Bóveda.

Clave: OH.327.317.

Adxudicatario: Ovisa Pavimentos y Obras, S.A.

Orzamento de adxudicación: 519.322,54 A.

Título: execución das obras do proxecto de saneamento e abastecemento integral en Outes. Sector II.

Clave: OH.515.504.

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento de adxudicación: 1.362.734,84 A.

Título: execución das obras do proxecto de saneamento e abastecemento de Burela. 1º Fase. Burela (Lugo).

Clave: 0H. 527.318.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ra-

mos, S.L.

Orzamento de adxudicación: 1.209.674,71 A.

Título: execución das obras do proxecto de abastecemento, saneamento e recuperación das beiras no concello de Muíños. (Ourense).

Clave: OH.532.401.

Adxudicatario: Proyecón Galicia, S.A.

Orzamento de adxudicación: 694.679,84 A.

Título: execución das obras do proxecto de ampliación do abastecemento e saneamento en Ramirás (Ourense).

Clave: OH.532.402.

Adxudicatario: Aquagest, S.A.

Orzamento de adxudicación: 181.781,58 A.

Título: execución das obras do proxecto de saneamentos en Monforte de Lemos. Núcleo de Seoane. Monforte de Lemos. (Lugo).

Clave: OH.327.320.

Adxudicatario: Obras y Viales de Galicia, S.L.

Orzamento de adxudicación: 221.292,66 A.

Título: execución das obras do proxecto de ampliación da rede de auga potable á zona de Couso e A Graña. Ribeira.

Clave: OH.215.492.

Adxudicatario: Auxiliar y General de Servicios, S.L.

Orzamento de adxudicación: 184.825,23 A.

Título: execución das obras do proxecto de renovación do tratamento de auga potable e da depuración de augas residuais en Salceda de Caselas. (Pontevedra).

Clave: OH.536.457.

Adxudicatario: Ute Edar Salceda (Cotragua, S.L. e Proyecón Galicia, S.A.).

Orzamento de adxudicación: 595.001,98 A.

Título: execución das obras do proxecto de rede de abastecemento de auga á Toca e outros. (As Somozas).

Clave: OH.215.494.

Adxudicatario: Obras y Viales Bascuas, S.L.

Orzamento de adxudicación: 782.174,43 A.

Título: execución das obras do proxecto de rede arterial de abastecemento de auga potable desde o depósito de Montealegre. Ourense.

Clave: OH.232.400.

Adxudicatario: Ute Obras y Edificaciones Sei-

xo, S.L.-Construcciones Eiriña, S.L.

Orzamento de adxudicación: 738.099,12 A.

Título: execución das obras do proxecto de abastecemento a núcleos de Valga. 2º Fase. Valga. Pontevedra.

Clave: OH.236.504.

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Orzamento de adxudicación: 559.303,96 A.

Título: execución das obras do proxecto de mellora do actual abastecemento a Buño (Malpica de Bergantiños e Ponteceso).

Clave: OH.215.514.

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento de adxudicación: 117.670 A.

Título: execución das obras do proxecto de captación, impulsión, abastecemento de augas a Lardeiros de Medín, 2º fase, Medín, Pastor (O Pino-A Coruña).

Clave: OH.215.525.

Adxudicatario: Ute Seixo-Vías y Construcciones, S.A.

Orzamento de adxudicación: 498.649 A.

Título: execución das obras do proxecto de mellora do abastecemento de auga a Arneiro e A Veiga do Pumar (Cospeito).

Clave: OH.227.309.

Adxudicatario: Construcciones Alea.

Orzamento de adxudicación: 294.100,63 A.

Título: execución das obras do proxecto de abastecemento de auga a Corvelle (A Pastoriza).

Clave: OH.227.341.

Adxudicatario: Obras y Viales Bascuas, S.L.

Orzamento de adxudicación: 601.312,61 A.

Título: execución das obras do proxecto de conducción de abastecemento e depuración en Vilamartín de Valdeorras e Córgomo-Valdegodos (Vilamartín de Valdeorras).

Clave: OH.232.404.

Adxudicatario: Ute Proyecón Galicia, S.A.-Cotragua, S.L.

Orzamento de adxudicación: 555.000 A.

Título: execución das obras do proxecto de abastecemento de auga a Vilar (Mondariz).

Clave: OH.236.430.

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento de adxudicación: 313.786 A.

Título: execución das obras do proxecto de ampliación da rede de abastecemento de auga a núcleos diversos de Salvaterra de Miño.

Clave: OH.236.506.

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento de adxudicación: 599.400 A.

Título: execución das obras do proxecto de EDAR e colectores en Touro.

Clave: OH.315.524.

Adxudicatario: Puentes y Calzadas.

Orzamento de adxudicación: 377.652,90 A.

Título: execución das obras do proxecto de saneamento no núcleo do Burgo (Muras).

Clave: OH.327.337.

Adxudicatario: Obras y Viales Bascuas, S.L.

Orzamento de adxudicación: 58.298,17 A.

Título: execución das obras do proxecto de desdobramento da rede de saneamento das Neves.

Clave: OH.336.477.

Adxudicatario: Construcciones Crespo, S.A.

Orzamento de adxudicación: 487.420 A.

Título: execución das obras do proxecto de renovación das redes saneamento, abastecemento e pluviais na capitalide de Maside.

Clave: OH.532.407.

Adxudicatario: Obras Caminos y Asfaltos, S.A.

Orzamento de adxudicación: 1.133.929,55 A.

Título: execución das obras do proxecto de dotación de servicios na estrada comarcal C-533 e enlace na rúa Oseira (Rodeiro-Pontevedra).

Clave: OH.536.498.

Adxudicatario: Sangiao Construcciones, S.A.

Orzamento de adxudicación: 199.000 A.

Título: execución das obras do proxecto de reposición das tubaxes de abastecemento de auga da ponte das Pías (concello de Ferrol).

Clave: OH.215.519.

Adxudicatario: Espina y Delfín.

Orzamento de adxudicación: 457.280 A.

Título: redacción do proxecto de construcción das obras de rede de colectores do río Mesoiro (concello da Coruña).

Clave: AT/123.

Adxudicatario: Consulting e Ingeniería Internacional, S.A. (CIISA).

Orzamento de adxudicación: 49.853,42 A.

Título: redacción do proxecto de construcción das obras de mellora dos colectores en Ponte da Pedra (concello da Coruña).

Clave: AT/124.

Adxudicatario: Proyectos de Ingeniería y Edificación, S.L. (Proyfe).

Orzamento de adxudicación: 30.655,52 A.

Título: redacción do proxecto de construcción das obras de melloras no saneamento de San Roque (concello da Coruña).

Clave: AT/125.

Adxudicatario: Ingeniería Civil, Energías Alternativas y Acuicultura, S.A. (Iceacsa).

Orzamento de adxudicación: 39.537,38 A.

Título: redacción do proxecto de construcción das obras de ampliación e mellora da rede de colectores na área de influencia do porto da Coruña.

Clave: AT/126.

Adxudicatario: Consultora de Ingeniería y Empresa, S.L. (CIESA).

Orzamento de adxudicación: 55.181,64 A.

Título: redacción do plano sectorial de saneamento da ría de Pontevedra.

Clave:AT/127.

Adxudicatario: Consultora de Ingeniería y Empresa, S.L. (CIESA).

Orzamento de adxudicación: 260.100,49 A.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2003.

Juan Ignacio Niño Taboada

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos

Cédula do 25 de febreiro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica resolución de contrato de Evaristo Rodríguez Pérez.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Evaristo Rodríguez Pérez resolución de contrato, dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 29 de outubro de 2002, ó abeiro do disposto no Decreto 70/1997, do 14 de marzo, de estructura orgánica do IGVS (modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro), que literalmente di:

«Vistas as actuacións practicadas no procedemento administrativo de desafiuzamento por non ocupación en relación co expediente enriba referenciado e, tendo en conta os seguintes:

Feitos.

Primeiro.-Evaristo Rodríguez Pérez resultou adxudicatario, en réxime de acceso diferido á propiedade dunha vivenda de protección oficial de promoción pública, identificada como expte. PO-1697, cta. 12, sita no Barrio da Anunciada 12, en Baiona.

Segundo.-Ante a existencia de indicios de que o citado adxudicatario non destinaba a domicilio habitual e permanente a vivenda referenciada, como consecuencia da solicitude de regularización presentada por Rafael Blanch Rodríguez, da súa situación como ocupante de feito, da citada vivenda, con data do 7-11-1994, acordouse o inicio dun procedemento administrativo de desafiuzamento por non ocupación.

Terceiro.-Con data do 6 de marzo de 1996, foi redactado o correspondente prego de cargos, que ante a imposibilidade de notificación persoal, por resultar descoñecido o enderezo actual do inculpado, foi publicado no DOG, nº 111, do 6 de xuño de 1996, sen que o interesado presentase alegacións, malia o prego outorgado para tal fin.

Cuarto.-O 25 de marzo de 1997, o xefe da Área Provincial do IGVS redacta a correspondente proposta de resolución, na que propón a rescisión e resolución do contrato da vivenda de referencia a Evaristo Rodríguez Pérez, unha vez acreditada a non ocupación dela por parte do seu adxudicatario, con incumprimento, xa que logo, das obrigas inherentes ó réxime legal das vivendas de protección oficial.

Quinto.-Ante os infructuosos intentos de notificación persoal da citada proposta, esta foi publicada no DOG núm. 52, do 17 de marzo de 1998, sen que o interesado presentase alegacións no prazo de dez días concedido para tal efecto.

Feitos probados.

Do anteriormente exposto, considérase suficientemente probado que Evaristo Rodríguez Pérez non destina a vivenda de promoción pública, identificada como expte. PO-1697, cta. 12 a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-É competente para resolve-lo presente procedemento o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó abeiro do disposto na Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS, e no Decreto 70/1997, do 14 de marzo, da estructura orgánica do mesmo organismo.

Segundo.-Os indicados feitos probados constitúen causa suficiente de desafiuzamento, consonte co disposto nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, e 138.6º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

Terceiro.-Na tramitación deste expte. observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 e 144 do Decreto 2114/1968, no artigo 30 do texto refundido de VPO, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato da vivenda identificada como expte. PO-1697, cta. 12, adxudicada a Evaristo Rodríguez Pérez, por non destinala a domicilio habitual e permanente.

Notifícaselles esta resolución ós interesados con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Fronte á devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, de conformidade co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e modificacións introducidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Pontevedra, 29 de outubro de 2002. José Manuel Iglesias Carrera. Delegado provincial».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra a 25 de febreiro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente administrativo: PO-1697.

Nome: Evaristo Rodríguez Pérez.

Enderezo: Barrio Anunciada, 12.

Concello: Baiona.

Cédula do 25 de febreiro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica resolución denegatoria de regularización de Julia Isolina Carolina Lago Limes.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Julia Isolina Carolina Lago Limes, resolución denegatoria de regularización, dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 12 de novembro de 2002, ó abeiro do disposto no Decreto 70/1997, do 14 de marzo, de estructura orgánica do IGVS (modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro), que literalmente di:

«Vistas as actuacións practicadas en relación co expediente arriba referenciado e, tendo en conta os seguintes:

Feitos.

Primeiro.-Con data do 14 de setembro de 1994, tivo entrada na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, solicitude, asinada por Julia Isolina Carolina Lago Limes para regulariza-la súa situación como ocupante de feito da vivenda de promoción pública, identificada como expte. PO-1697, cta. 40, sita na rúa Bº Anunciada 40, en Baiona, ó abeiro do Decreto 133/1994, do 13 de maio, de

regularización de situacións dos ocupantes e cambio de réxime nas vivendas de promoción pública.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-É competente para resolve-lo presente procedemento, o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda conforme co establecido no artigo 4 do Decreto 225/2000.

Segundo.-A vivenda referenciada terminou de facturar en setembro de 1997, a cal está totalmente amortizada.

Terceiro.-Segundo a acta de inspección número B-052/02, con data de 16-7-2002, a vivenda está baleira desde hai cinco anos e a parte exterior atópase en moi mal estado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Denega-la solicitude de regularización formulada por Julia Isolina Carolina Lago Limes por estar amortizada a vivenda e por non estar a ocupa-la vivenda como domicilio habitual e permanente e non a manter en bo estado de conservación.

Outórgaselle un prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da recepción desta resolución para que abandone a vivenda e entregue as chaves nesta delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (rúa Alcalde Hevia, número 7, Pontevedra).

De non facelo así e unha vez asine a presente resolución, iniciarase o procedemento administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título.

Notifíqueselle a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa ós interesados, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Fronte á devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da recepción da presente notificación, consonte co disposto nos artigos 107,114 e 115 da Lei 30/1992. Pontevedra, 12 de novembro de 2002. José Manuel Iglesias Carrera. Delegado provincial».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 25 de febreiro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente administrativo: PO-1697.

Nome: Julia Isolina Carolina Lago Limes.

Enderezo: Barrio da Anunciada, 40.

Concello: Baiona.

Anuncio do 18 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia no expediente 15-310/2002.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo delegado provincial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luis Seoane, s/n (edificio administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 18 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15-310/2002.

Interesado: Vasco de Gama Promotions, S.A.

NIF/CIF: A92063130.

Acto notificado: resolución.

Importe: 601,01 euros.

Edicto.

No BOP da Coruña nº 58, correspondente ó día 12 de marzo de 2003, aparece publicada a convocatoria para cubrir en propiedade, polo sistema de concurso-oposición por promoción interna, tres prazas de administrativos, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria faranse públicos, unicamente cando proceda en cada

caso, no BOP da Coruña e no taboleiro de edicto do Concello de Ames.

Ames, 12 de marzo de 2003.

José Astray Lorenzo

Alcalde

Edicto sobre aprobación inicial do Plan de sectorización en SRA do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares, O Raso, Caamouco.

Aprobado con carácter inicial por resolución desta alcaldía do 21 de febreiro de 2003 o Plan de sectorización de iniciativa particular promovido por Residencial Raso en solo rústico común apto para urbanizar no Raso, Caamouco, en cumprimento do disposto no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural, faise público:

Primeiro.-Sométese a información pública a presente aprobación inicial durante un mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior circulación na provincia.

Segundo.-Suspéndese o outorgamento de licencias no ámbito da actuación no Raso, Caamouco, determina no plano I.U.-2 referencia ó PXOU polo prazo máximo de dous anos, se ben a dita suspensión extinguirase coa aprobación definitiva.

Ares, 21 de febreiro de 2003.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde

Anuncio.

Para coñecemento xeral, faise público que o Pleno da corporación, na sesión celebrada no día 27 de febreiro de 2003, entre outros, resolveu aproba-lo proxecto de reparcelación urbanística da actuación residencial Os Capelos, sector 3, desta localidade de Carral.

O que se fai público por prazo de 20 días, co fin de que os que estean interesados poidan examinablo e, se é o caso, formula-los reparos e alegacións que se entendan procedentes.

Carral, 12 de marzo de 2003.

Juan M. Vales Rodríguez

Alcalde

Anuncio de licitación da obra número 18 do Plan provincial de cooperación ás obras e servicios municipais 2003.

A Comisión de Goberno Municipal, no exercicio da delegación que ten conferida, na sesión do día

cinco de marzo do corrente ano, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación, polo procedemento aberto, sistema de concurso e tramitación urxente, da obra que a continuación se especifica, incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios municipais 2003.

O citado prego estará exposto ó público durante oito días, contados desde a inserción deste anuncio no BOP de Lugo, para os efectos de que poida ser examinado nas oficinas municipais e, se é o caso, presenta-las reclamacións que se consideren pertinentes.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do devandito contrato de obras, o cal quedará aprazado se houbese reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas, ata a súa resolución.

Obxecto do contrato: obra nº 18 de mellora e reforzo do abastecemento de auga na parroquia de Viladonga.

Lugar de execución: desde o lugar de Francos ata o depósito principal existente na parroquia de Viladonga.

Prazo de execución: 3 meses.

Orzamento de licitación: 64.460,02 euros, IVE incluído.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Clasificación esixida: non se esixe.

Garantías. Provisional para licitar: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: o modelo de proposición e os pregos de cláusulas administrativas particulares facilitarase nas oficinas do Concello de Castro de Rei. Praza Maior, 1. CP 27250 (Lugo). Teléfono: 982 31 40 34 e 982 31 41 32.

A data límite para a obtención de documentación é o día hábil inmediatamente anterior ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral de Licitación do concello (Secretaría Xeral), das 9 ás 14 horas, durante os trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG. Se o derradeiro día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ata as 14 horas do primeiro día hábil seguinte.

As proposicións presentaranse en dous sobres pechados que poderán estar lacrados e precintados:

a) Sobre A, que conterá os documentos esixidos na cláusula III, punto 2.1 do prego de cláusulas admnistrativas.

b) Sobre B, que conterá a proposición económica, segundo o modelo recollido na cláusula III.2.2.

Apertura de proposicións: no salón de sesións da casa do concello, ás doce horas do quinto día hábil

seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, que de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte. A mesa de contratación, previo exame e cualificación da documentación, procederá en acto público á apertura do sobre B) coa oferta económica, e formulará proposta de adxudicación ó órgano de contratación, de conformidade cos criterios recollidos na cláusula III punto 4 do prego de cláusulas administrativas.

Castro de Rei, 7 de marzo de 2003.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde

Anuncio da aprobación definitiva das bases e dos estatutos do polígono D5.01 (San Pedro de Visma I) do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 27 de xaneiro de 2003, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola Comisión Xestora do Polígono D5.01 do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente ós que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir desta publicación mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e no seu nome a Antonio Bestilleiro Casás como presidente dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Advertirlle á comisión xestora que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá de proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitaran a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta a xefa de xestión no Servicio de Urbanismo, Berta Rosón López.

Sexto.-Requiri-la comisión xestora, e no seu nome a Antonio Bestilleiro Casás, para que ingrese na Caixa Municipal, en concepto de depósito previo, correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, a cantidade de 174,15 euros,

advertíndolle que sen a xustificación de ter ingresada a dita cantidade non se poderá dar trámite ó proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

Comunícase, así mesmo, que á solicitude de adhesión á xunta de compensación terá que lle xunta-los títulos que posúan e declara-las situacións xurídicas que afecten os seus predios.

No caso dos titulares dun dereito de arrendamento ou algún outro sobre un inmoble, requírense os mesmos para que no prazo dun mes presenten ante a comisión xestora, con domicilio na rúa Santo André, 56-8º C, teléfono 981 22 10 33, ou ante o concello a documentación xustificativa de tal dereito.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2003.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Anuncio de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Obras e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras de construcción de zona verde e espacio público do antigo bloque de intendencia (praza da Ilustración).

b) Prazo de execución: seis meses.

3. Financiamento do contrato.

O contrato financiarase con cargo á partida 06000-5111-601.03 do orzamento xeral en vigor.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación do expediente: trámite ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación.

Sinálase como tipo de licitación: 480.809,68 A, incluído o IVE.

6. Clasificación.

Categoría d, grupo G, subgrupo 6.

7. Garantía.

Provisional: 9.616,19 A.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Dependencia: Obras e Contratación.

c) Enderezo: praza de Armas, s/n.

d) Localidade e código postal: Ferrol 15402.

e) Teléfono: 981 33 67 05.

f) Fax: 981 33 67 47.

g) Data límite de obtención de documentos e información: o último día de finalización de presentación de ofertas.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no DOG (se este coincidise en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil).

b) Documentación que hai que presentar: as sinaladas na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral sito na planta baixa.

1ª Entidade: Concello de Ferrol

2ª Domicilio: praza de Armas, s/n.

3ª Localidade e código postal: Ferrol 15402.

4ª Teléfono: 981 33 67 03.

5ª Fax: 981 35 41 22.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Enderezo: praza de Armas, s/n.

c) Localidade: Ferrol.

d) Data: o día que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

e) Hora: a que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 3 de marzo de 2003.

Xaime Bello Costa

Alcalde

Anuncio.

Acordo do 10 de febreiro de 2003 da Comisión de Goberno polo que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, para a contratación dunha empresa para a realización do control poboacional da gaivota patiamarela (Larus cachinnans) e de asistencia técnica da pomba doméstica (Columba livia varia) na cidade de Ferrol.

1. Obxecto do contrato.

Control poboacional da gaivota patiamarela (Larus cachinnans) e de asistencia técnica da pomba doméstica (Columba livia varia).

2. Orzamento base de licitación: 30.000 A.

3. Aplicación orzamentaria: 16000-4441-22703.

4. Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

5. Duración do contrato.

Un ano, prorrogable nos termos do artigo 198 do R.D.L. 2/2000.

6. Garantías: definitiva: 4% do tipo de adxudicación.

7. Obtención de documentación e información.

Negociado de Medio Ambiente, 2ª planta da casa do concello, praza de Armas s/n.

8. Prazo de presentación de ofertas.

15 días desde o seguinte ó da publicación do anuncio no DOG.

9. Lugar e hora de presentación de ofertas.

Rexistro xeral do Concello de Ferrol das 9 ás 13 horas de luns a sábado, durante o prazo de presentación das oferas. Así como no xeito sinalado na cláusula 5.3. do prego de cláusulas administrativas.

10. Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

11. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 10 de marzo de 2003.

O alcalde

Rubricado

Anuncio (FG-466).

Por resolución desta alcaldía 766/2003, do 20 de febreiro de 2003, acordouse aprobar inicialmente os estatutos da entidade urbanística de conservación para o SUNP D-15-R, en Romardeiro-Liáns.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncio no

Diario Oficial de Galicia, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 24 de febreiro de 2003.

Alfredo Novoa Gil

Alcalde en funcións

Resolución do 17 de febreiro de 2003 pola que se anuncia concurso urxente, para a contratación das obras de mellora ambiental no núcleo histórico de Ourense (II).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

c) Número de expediente: 44/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso urxente para contratar catro empresas para a execución das obras de mellora ambiental no núcleo histórico de Ourense (II).

b) Prazo de execución: o prazo do contrato é de 8 meses, contado desde o día seguinte ó da formalización do contrato. O contrato poderá prorrogarse por iguais períodos, ata un máximo de catro prórrogas.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

a) O prezo máximo do contrato é de 150.253,03 euros (IVE incluído), para cada unha das catro empresas contratadas.

b) O prezo máximo para cada prórroga será de 150.253,03 euros.

5. Fianzas.

Definitiva: 4% do orzamento total do contrato.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Negociado de Infraestructuras.

b) Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

a) Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

b) Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 07, categoría c.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

b) Documentación para presentar: a que se sinala nos artigos 11 e 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, 1, de 9 a 13 horas.

d) Localidade: Ourense.

e) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ourense.

b) Enderezo: praza Maior, 1.

c) Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións económico-administrativas do concurso.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 17 de febreiro de 2003.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

Anuncio.

O Pleno da Corporación Municipal en sesión extraordinaria celebrada o día 20 de febreiro de 2003, aprobou definitivamente o documento de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Riós.

O que en cumprimento do disposto no artigo 92.2º de la Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia se publica para xeral coñecemento e efectos.

Riós, 10 de marzo de 2003.

Fco. Armando Veiga

Alcalde

Anuncio.

O Pleno do Concello de Santa Comba, en sesión extraordinaria do 30 de xaneiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual nº 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Santa Comba (A Coruña), redactada pola empresa CEINSA.

Segundo.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, publicando o acto de aprobación definitiva no BOP e Diario Oficial de Galicia e comunicarllo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integran o plan.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santa Comba, 1 de febreiro de 2003.

(P.R. 56, 31-1-2003)

Francisco Basilio Quintáns Fernández

Alcalde accidental

Edicto.

Aprobados inicialmente por resolución da Alcaldía con data do 26 de febreiro de 2003 o proxecto de compensación da unidade de execución nº 6, presentado a trámite por Regino Giráldez Boo en representación da entidade Promociones y Construcciones Boo Varela, S.L. e Isabel Rodríguez Pérez, propietarios ámbolos dous do ámbito, faise público o anterior expoñéndose polo prazo de 20 días desde a última publicación, contando a partir do día seguinte, quedando o expediente de manifesto na Sección de Urbanismo, en horario de oficina.

Tui, 10 de marzo de 2003.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde

Anuncio de concurso, por procedemento aberto, de servicio.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes).

2. Obxecto: servicio de publicidade de actividades que realice o Inludes durante o ano 2003.

3. Orzamento: oitenta e dous mil cincocentos once euros (82.511).

4. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31-12-2003.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na tesorería do Inludes.

6. Información: Oficina de Apoyo.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límites de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 59, do 13 de marzo de 2003.

Lugo, 13 marzo de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

Anuncio de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

-Obra: reparación de vías provinciais no Saviñao e Bóveda.

Orzamento contrata: 179.452.

Prazo execución: 5 meses.

Clasificación esixida: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Obra: reparación de vías provinciais en Monforte de Lemos e a Pobra do Brollón.

Orzamento contrata: 293.000.

Prazo execución: 6 meses.

Clasificación esixida: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o importe de adxudicación.

Ámbalas dúas fianzas se deberán constituír na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: Contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista, e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 17 de marzo de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

Edicto do 8 de xaneiro de 2003, da Dependencia Rexional de Recadación de Galicia, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tribu

taria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e ó non ser posible notifica-lo procedemento que se relaciona malia os dous intentos realizados, cítase o interesado que figuran neste anuncio para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desa publicación, pase a retirar persoalmente ou mediante representante as notificacións que se indican, na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na rúa Comandante Fontanes 10, de Galicia.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2003.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

InteresadoNIFProcedementoÓrgano de tramitaciónLugar de comparecencia

Servicio y Gestión del Norte, S.A.A15200942Administrativo de constrinximento (recadatorio)Dependencia Rexional de RecadaciónDependencia Rexional de Recadación

Delegación Especial da AEAT en Galicia

R/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña)

Chousas, S.L.B15259815Administrativo de constrinximento (recadatorio)Dependencia Rexional de RecadaciónDependencia Rexional de Recadación

Delegación Especial da AEAT en Galicia

R/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña)

Ferleva, S.L.B36160745Procedemento recadatorio, notificación, denegación, compensaciónDependencia Rexional de RecadaciónDependencia Rexional de Recadación

Delegación Especial da AEAT en Galicia

R/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña)

Consignataria de Vigo, S.L.B36840924Procedemento recadatorio en período voluntarioDependencia Rexional de RecadaciónDependencia Rexional de Recadación

Delegación Especial da AEAT en Galicia

R/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña)

Congelados Tayfer, S.L.B36693737Procedemento recadatorio en período voluntarioDependencia Rexional de RecadaciónDependencia Rexional de Recadación

Delegación Especial da AEAT en Galicia

R/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña)

JCB Exportaciones, S.L.B36758308Procedemento recadatorio en período voluntarioDependencia Rexional de RecadaciónDependencia Rexional de Recadación

Delegación Especial da AEAT en Galicia

R/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña)

Badaf, S.L.B36743102Denegación aprazamentoDependencia Rexional de RecadaciónDependencia Rexional de Recadación

Delegación Especial da AEAT en Galicia

R/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña)

Anuncio de concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de reactivos para determinacións analíticas en doazóns de sangue.

A Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, para lle dar cumprimento ós artigos 9 e 10 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 69 00, fax 981 59 31 51.

2. Obxecto e orzamento do contrato: subministración de reactivos para determinacións analíticas en mostras de sangue obtidas de doazóns (nº de expediente 03-2003), 5 lotes:

Lote 1. Grupo hemático e sérico: anti-A, anti-B, anti-D, anti-CDE, control Rh, hemacías A1, B, O; para 122.000 doazóns de sangue.

Prezo por doazón efectiva: 0,84 A.

Prezo máximo ano: 102.480 A.

Lote 2. Escrutinio de anticorpos irregulares, para 122.000 doazóns de sangue.

Prezo por doazón efectiva: 0,82 A.

Prezo máximo ano: 99.918 A.

Lote 3. Fenotipo Rh: anti-C, anti-c, anti-E, anti-K, control; para 122.000 doazóns de sangue estímase unha necesidade de 7.000 determinacións.

Prezo por determinación efectiva: 3 A.

Prezo máximo ano: 21.000 A.

Lote 4. Determinación de D-débil (Du); para 122.000 doazóns de sangue estímase unha necesidade de 25.000 determinacións.

Prezo por determinación efectiva: 0,54 A.

Prezo máximo ano: 13.500 A.

Lote 5. Sífilis; para 122.000 doazóns de sangue.

Prezo por doazón efectiva: 0,69 A.

Prezo máximo ano: 84.546 A.

Duración: 1 ano desde a data do asinamento do contrato.

Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación da subministración solucións alternativas ás definidas nas condicións técnicas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

4. Fianzas e garantías: provisional: o 2% do orzamento de cada lote ó que se concorra. Garantía definitiva: por importe do 4% do valor de adxudicación de cada lote.

5. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de condicións xurídicas e de condicións técnicas particulares pódense solicitar no Centro de Transfusión de Galicia; avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

6. Solvencia económico-financeira e técnica: acreditaranse conforme o establecido no punto 2.2.2 do prego de condicións xurídicas.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no cadro de características.

8. Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do día 28 de abril de 2003.

9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de condicións xurídicas e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada en acto público na sala de xuntas do Centro de Transfusión de Galicia, a partir das 10 horas do día 5 de maio de 2003.

11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Carlos Areal Méndez

Director técnico da Fundación Pública Centro

de Transfusión de Galicia

Anuncio.

En cumprimento do sinalado no artigo 94.2º da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, comunícase que na asemblea xeral extraordinaria celebrada o 10 de febreiro de 2003 se aprobou coa maioría legalmente establecida a liquidación da cooperativa O Noso Lar, co seguinte balance de liquidación:

Tesourería: 0,00 A.

Fondo social: 1.262,13 A.

Perdas e ganancias: -1.262,13 A.

Total activo: 0,00 A.

Total pasivo: 0,00 A.

O socio liquidador: Baldomero Jaime Figueira Rivela.

Ferrol, 20 de marzo de 2002.

Baldomero Jaime Figueira Rivela

Presidente do Consello Rector

Corrección de erros.

No anuncio de Spi-Galicia, S.A. publicado o martes 18 de marzo de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da obra de construcción da autovía Ferrol-Vilalba, tramo: Igrexafeita-Espiñaredo I, de clave PTOV030201.

Onde di:

«7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 1, categoría f».

Debe dicir:

«a) Clasificación: grupo G, subgrupo 1, categoría f».

Corrección de erros.

No anuncio de Spi-Galicia, S.A. publicado o martes 18 de marzo de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da obra de construcción da autovía Ferrol-Vilalba, tramo: Igrexafeita-Espiñaredo II, de clave PTOV030301.

Onde di:

«7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 1, categoría f».

Debe dicir:

«a) Clasificación: grupo G, subgrupo 1, categoría f».