Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2003 pola que se anuncia a contratación, por concurso público e sistema aberto, da subministración e instalación de 25 mi-

crorreemisores rurais para a TVG.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites adminis

trativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso que se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxeto: subministración e instalación de 25 microrreemisores rurais para a TVG.

c) Prazo de execución: ata o 30 de xuño de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Cento noventa e catro mil cincocentos (194.500) euros, IVE incluído, distribuído en catro lotes:

Lote 1: 37.500 euros.

Lote 2: 55.500 euros.

Lote 3: 54.500 euros.

Lote 4: 47.000 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: está dispensada.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación das ofertas: antes das 14 horas do sétimo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou nas direccións provinciais correspondentes, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

c) Documentación que deben presenta-los licitadores: a esixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación do contratista: non se esixe.

8. Obtención de documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 58 83.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de Internet:

http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2278

9. Apertura de proposicións.

a) Lugar: realizarase pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Data e hora: a partir das 12 horas do oitavo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo