Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.507

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003 sobre homolación de varios cursos para guías turísticos de Galicia.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira, do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, e para os efectos establecidos nos artigos 32 e 33 do referido decreto, esta consellería resolve homologa-los seguintes cursos:

-Cursos de protección do patrimonio cultural, que se desenvolverán na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol entre o 24 e o 28 de marzo deste

ano cunha duración de 21 horas lectivas cada un (información no teléfono 981 54 48 61).

-A arte galega no museo provincial de Lugo, que se desenvolverá en Lugo os días 7, 8, 9, 10 e 11 de abril, cunha duración de 40 horas lectivas (información no teléfono 982 24 21 12).

-Organización de actividades turísticas na natureza-deseño de itinerarios, que se desenvolverán no Centro Comarcal Tabeirós-Terra de Montes (teléfono de información 986 57 51 49) do 21 de marzo ó 6 de abril, cunha duración de 36 horas lectivas, organizado pola Escola Galega do Tempo Libre Don Bosco.

-Alamedas, xardíns e parques da provincia de Pontevedra, que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Caldas de Reis e outros sitios máis, os días 21, 24 e 26 de abril e 3, 10, 24 e 31 de maio cunha duración de 46 horas lectivas, organizado polo Concello de Caldas de Reis (teléfono de información 986 54 00 02).

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo