Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-P-02/57 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución dictada polo instructor no expediente que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-los expedientes, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: P-P-02/57.

Denunciado: Felipe Sánchez Torres, enderezo r/ Outeiro, nº 16 de Lérez (Pontevedra).

DNI: 35285883.

Feitos denunciados: pescar con roubador en tramo acoutado.

Feitos constatados ás 12.40 horas do día 25 de xuño de 2002 no río Lérez-Couto de Monteporreiro, lugar Bora no concello de Pontevedra.

Data do acordo da incoación: 26-8-2002.

Precepto infrinxido: artigo 35.5º en relación co disposto no artigo 31.5º da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 35 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 3.005,07 euros e inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade, durante un período de 1 ano e un día.

-Expediente: P-P-02/58.

Denunciado: Felipe Sánchez Torres, enderezo r/ Outeiro, nº 16 de Lérez (Pontevedra).

DNI: 35285883.

Feitos denunciados: estar de vixía do reo con obxecto de indica-la súa posición para facilita-la súa pesca.

Feitos constatados ás 16.20 horas do día 15 de xuño de 2002, no río Lérez-Couto de Monteporreiro, lugar de Monteporreiro no concello de Pontevedra.

Data doa cordo da incoación: 26-8-2002.

Precepto infrinxido: artigo 34.29º da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 35 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 300,51 euros e inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade, durante un período dun ano.

-Expediente: P-P-02/62.

Denunciado: Felipe Sánchez Torres, enderezo r/ Outeiro, nº 16 de Lérez (Pontevedra).

DNI: 35285883.

Feitos denunciados: pescar desde unha embarcación sen ningún tipo de identificación dentro do couto de pesca de Monteporreiro e sen permiso do couto.

Feitos constatados ás 21.20 horas do día 30 de xullo de 2002 no río Lérez-Couto de Monteporreiro, lugar de Monteporreiro no concello de Pontevedra.

Data do acordo da incoación: 26-8-2002.

Precepto infrinxido: artigo 34.2º e 10 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 35 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 601,02 euros e inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade, durante un período dun ano.