Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.458

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala básica de vixilancia pesqueira.

Por Resolución do 28 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 23, do 3 de febreiro, apróbanse as relacións provisionais de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala básica de vixilancia pesqueira.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 29 de novembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 239, do 12 de decembro, modificada pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 16 de abril de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 80, do 25 de abril, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala básica de vixilancia pesqueira.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e

Administración Pública, e nos das súas delegacións provinciais, no servicio de información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo ó que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e localidade desta.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Relación definitiva de excluídos

Corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia

(grupo D) escala básica de vixilancia pesqueira

NomeDNIExclusión

Álvarez Veiga, Graciela Noemi35312830-X60, 61

Bastos Díaz, Ceferino35436736-S61

Benítez Sánchez, José Antonio52927596-L20, 34, 61

Besteiro Boudón, Manuel33842576-P61

Brea García, José Manuel35464463-G61

Cabezas Roda, Vicente Primitivo32633055-B55, 61

Cal Dacosta, Juan Alberto76989344-H60, 61

Castro Abelleira, Andrés78797031-C61

Chans Mosqueira, Germán32828057-L60, 61

Fernández García, José Fernando76936353-L61

Fernández Lago, Ramón52457934-V60, 61

Fernández Neira, Jesús34636622-W60, 61

Fernández Nogueira, José Manuel35312921-D60, 61

Ferre Álvarez, María del Carmen34259859-W60, 61

García Brión, José Fco.52453484-Y61

García Ramos, José Antonio33280019-P61

Gómez Guiance, José Antonio76817628-C10, 22, 55

Gómez Portilla, Manuel Jesús33994769-X61

González Fernández, Manuel Antonio44379720-R55, 60, 61

González García, Víctor78736179-A22

González Montes, José Manuel52494086-J61

NomeDNIExclusión

González Rodríguez, Mónica44075969-B55, 60, 61

Lijo González, Juan Manuel52457733-T60, 61

Lorenzo Amado, Rosa María32661383-A60, 61

Martín Sánchez, María Elena32666300-K20, 60, 61

Miranda González, José María52451520-C53, 61

Misa Martínez, María José53173527-B55

Moares Lago, José María33219727-E55

Moreda Rodríguez, Estanislao33997240-C61

Otero Santiago, Baltasar52493691-D55

Paz Pena, Manuel Ricardo33233985-C55, 61

Paz Pérez, Luis Antonio15922134-Q61

Prieto Torres, Víctor76861261-E61

Rodríguez Fernández, Jesús52454827-S55

Sa Miguel, Fco. Javier de34980579-V61

Sanjurjo Pazos, Julio Amable32797993-Q60, 61

Suárez Bermúdez, Francisco76349576-H61

Torre Moreno, Xoán Manuel de la06575875-Z61

Trillo Quintáns, José32778539-C20, 60, 61

Varela Pita, Ángel Manuel32671696-N10, 22, 53, 61

Veiga Rodríguez, María Belén35313865-X60, 61

Causas de exclusión:

10 Instancia fóra de prazo.

20 Taxas non aboadas.

22 Taxas aboadas fóra de prazo.

34 Instancia incorrecta (instancia non orixinal).

53 Falta do DNI ou DNI incorrecto.

55 Non cumprir ou acredita-lo requisito de titulación.

60 Non cumprir ou acredita-lo certificado de competencia de mariñeiro.

61 Non cumprir ou acredita-lo certificado de radiotelefonista naval restrinxido/operador restrinxido no Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima.