Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.457

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira (patróns, mecánicos e mecamares).

Por Resolución do 13 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 13, do 21 de xaneiro, apróbanse as relacións provisionais de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira (patróns, mecánicos e mecamares).

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 29 de novembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 239, do 12 de decembro, modificada pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 16 de abril de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 80, do 25 de abril, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira (patróns, mecánicos e mecamares).

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e nos das súas delegacións

provinciais, no servicio de información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo ó que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e localidade desta.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Relación definitiva de excluídos

Corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia

(grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros

de vixilancia pesqueira

Patróns.

NomeDNIExclusión

Benítez Sánchez, José Antonio52927596-L20, 34

Sar Barrientos, Francisco Manuel32790029-X55

Vilas Lemos, Francisco36068389-L55

Villar Martínez, Pablo36060264-J55

Mecánicos.

NomeDNIExclusión

Aspilche Cortón, Alfredo32356683-F55

Devesa Souto, Francisco Antonio32832144-N55

Estévez Portela, Manuel52492236-A55

Núñez Mariño, Camilo52458194-R10, 53

Pena Gómez, Paul76969027-X55

Trillo Quintáns, José32778539-C20, 55

Causas de exclusión:

10 Instancia fóra de prazo.

20 Taxas non aboadas.

34 Instancia incorrecta (instancia non orixinal).

53 Falta do DNI ou DNI incorrecto.

55 Non cumprir ou acredita-lo requisito de titulación.