Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.454

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de marzo de 2003 pola que se nomean os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira e no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala básica de vixilancia pesqueira.

Convocados procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira e no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala básica de vixilancia pesqueira polas ordes da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 29 de novembro de 2001, modificadas polas ordes do 16 de abril de 2002, publicadas no Diario Oficial de Galicia número 80, do 25 de abril de 2002, e de conformidade co establecido nas bases das respectivas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición dos tribunais que deberán cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira e no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala básica de vixilancia pesqueira, serán os que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

CORPO DE AXUDANTES FACULTATIVOS DA XUNTA DE GALICIA (GRUPO C), ESCALA DE TITULADOS NÁUTICO-PESQUEIROS DE VIXILANCIA PESQUEIRA

Titular:

Presidente: Juan Manuel López García, director do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo.

Vocais:

Benito Chamadoira Piñón, funcionario da Xunta de Galicia.

José María Martínez Cambeiro, funcionario da Xunta de Galicia, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Fernando Santaló Ríos, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: María Isabel Cobelo García, funcionaria da Xunta de Galicia.

Suplente:

Presidente: Álvaro Gómez Cons, subdirector do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo.

Vocais:

José M. Moares Pazos, funcionario da Xunta de Galicia.

Manuel de Castro García, funcionario da Xunta de Galicia, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Estrela Ferrenho García, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Francisco Araújo Castro, funcionario da Xunta de Galicia.

CORPO DE AUXILIARES TÉCNICOS DA XUNTA DE GALICIA (GRUPO D), ESCALA BÁSICA DE VIXILANCIA PESQUEIRA

Titular:

Presidente: Juan Manuel Rodríguez Rodríguez, subdirector xeral de xestión orzamentaria e contratación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Vocais:

José Luis Meijueiro Tilve, delegado comarcal da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Amaia Sarratea Andueza, subdirectora xeral de ordenación do turismo na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Martín José Rial Lavia, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Óscar Martín Fernández, asesor do gabinete técnico do Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos.

Suplente:

Presidente: Francisco Xosé Fernández Naval, funcionario da Xunta de Galicia.

Vocais:

Antonio Cerviño Eiroa, funcionario da Xunta de Galicia.

Andrés Nebril Cea, funcionario da Xunta de Galicia, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Xinés García Bugallo, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: María Josefa Rodríguez Novoa, funcionaria da Xunta de Galicia.