Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 21 de marzo de 2003 Páx. 3.454

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de marzo de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o ingreso na escala de inspección pesqueira, levada a efecto pola Orde do 29 de novembro de 2001 (DOG nº 238, do 11 de decembro), e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal do aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso na escala de inspección pesqueira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), que se publica como anexo a esta orde.

Segundo.-O aspirante que consta no dito anexo deberá remitir, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os documentos a que se refire a base V.1 da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala de inspección pesqueira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A).

Acceso libre.

DNI: 32637943-T.

Apelidos e nome: Codesido Vilar, Juan Carlos.

Ex. 1º: 7,80.

Ex. 2º: 15,30.

Ex. 3º: 16,50.

Ex. 4º: exento.

Concurso: 0.

Nota final: 39,60.