Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.414

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (744/2002).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario deste Xulgado de Primeira Instancia número oito dos de Vigo, certifica que estes autos de xuízo verbal de desafiuzamento nº 744/2002, se dictou a seguinte resolución:

Sentencia. En Vigo o vinte de xaneiro de dous mil tres.

«Susana Álvarez García, maxistrada xuíza de primeira instancia número oito de Vigo e o seu partido, vistos estes autos de verbal desafiuzamento falta

pagamento 744/2002 seguidos perante este xulgado, entre partes seguintes:

Demandante: Juan Manuel Mojón Iglesias representado pola procuradora Mª José Argiz Vilar e defendido pola letrada Carmen Argiz Vilar.

Demandado: Juan Carlos Piñeiro Gandarela.

Versa o litixio sobre falta de pagamento de rendas do inmoble sito na rúa Espedrigada, 11, bloque 2, predio 3 desta cidade.

Decido que estimando integramente a demanda formulada pola representación de Juan Manuel Mojón Iglesias contra Juan Carlos Piñeiro Gandarela, sobre resolución de aluguer por falta de pagamento, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento celebrado entre as partes o 1 de febreiro de 2001, relativo ó local de negocio sito na rúa Espedrigada nº 11, bloque 2, predio 3, da cidade de Vigo, e debo condenar e condeno o demandado a estar e pasar por tal declaración e a deixar totalmente libre e expedito á disposición do demandante o referido local dentro do prazo legal, baixo apercibimento de lanzamento de non o verificar, con imposición ó demandado das custas causadas nesta instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta miña sentencia, decidindo definitivamente en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción e publicación no DOG co fin de que sirva de notificación de sentencia a Juan Carlos Piñeiro Gandarela, demandado que actualmente está en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en Vigo o vintedous de xaneiro de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO