Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.411

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación, convocado pola Orde do 22 de xaneiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 3 de febreiro).

En aplicación do disposto na base décimo terceira da Orde do 22 de xaneiro de 2003 (DOG do 3 de febreiro) pola que se convoca concurso de traslados entre os funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación

infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, esta dirección xeral resolve facer pública a adxudicación provisional dos destinos obtidos no concurso de traslados específico, convocado pola orde que se cita.

De acordo co establecido na base décimo cuarta da citada orde, os concursantes poderán presentar reclamacións e renuncias á adxudicación provisional, no prazo de oito días hábiles a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e dirixidas á Dirección Xeral de Persoal.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

Listaxe de adxudicacións provisionais do concurso de orientación

Apelidos e nomeDNIDestino adxudicadoConcelloLocalidadeTipo adxudicaciónPuntuación

Liste Piñeiro, María33254217CEIP de VentínAmesBiduídoDer. pref. centro50.9827

Sánchez Vázquez, Mª Sara Isabel33808137CEIP de CarnotaCarnotaCarnotaPuntuación54.8259

Vilela Castro, Mª Pilar32640783CRA de NarónNarónSan XiaoDer. pref. centro54.5165

Betanzos Rego, Tobías33253801CRA de RianxoRianxoAsadosDer. pref. centro70.7497

Lobato Martínez, José M.33244567CEIP A.D.R. CastelaoRianxoRianxoPuntuación33.9660

Álvarez Rodríguez, Arturo10052537CEIP Os TilosTeoCacheirasDer. pref. centro38.2745

Para Lloret, Mª Encarnación32396895CRA de TeoTeoCaloDer. pref. centro89.9000

Santamaría Cameán, Xoan Manuel33193296CEIP da RamallosaTeoLucíPuntuación77.8333

López Romalde, Mª Amparo32645298CEIP Julio Gurriarán CanalejasO Barco de ValdeorrasO Barco de ValdeorrasPuntuación19.0910

López Torres, Clara Mª35561470CRA de TomiñoTomiñoSeixoDer. pref. centro30.6806