Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.410

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de marzo de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arqueólogos, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001.

Rematado o proceso selectivo convocado pola orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro) para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), e realizado o acto previsto na orde do 20 de febreiro de 2003.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo

DISPÓN:

Nomear funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arqueólogos ós aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de acceso libre e que se relacionan no anexo desta orde, ordenados, de acordo coa puntuación

final obtida, e adxudicándolles, como destinos provisionais, os que figuran no anexo.

Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

APELIDOS E NOMEDNICÓDIGODENOMINACIÓNNIVELCONCELLOPROVINCIACARÁCTER

PENEDO ROMERO, RAFAEL35285770-KCU.C04.00.002.15770.015SECCIÓN ARQUEOLOXÍA II25SANTIAGO DE COMPOST.A CORUÑAPROVISIONAL

MARIÑO DOMÍNGUEZ, Mª DEL CARMEN33259387-FCU.C99.10.000.15001.051SECCIÓN DE ARQUEOLOXÍA24A CORUÑAA CORUÑAPROVISIONAL