Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.393

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial de 2001 e a actualización das táboas de 2002, do convenio colectivo da empresa Club de Campo de Vigo.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2001 e actualización da táboa de 2002, do convenio colectivo da empresa Club de Campo de Vigo, con nº de código 3600302, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-1-2003, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 1-2-2002. De conformidade co disposto no artigo 3 e seguintes do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación

ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de xaneiro de 2003.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da reunión das partes social

e económica da empresa Club de Campo de Vigo, sobre a revisión da táboa salarial do convenio

colectivo para o ano 2002

Ás 16 horas do día 1 de febreiro do ano 2002, reúnense, pola parte económica, Ramón González-Babé Ozores, e Luis Miguel Solano Aguayo e, pola parte social, Fernando Barciela Conde e Raimundo Mera Pazos, na sala de xuntas do edificio social da empresa.

Reúnense ámbalas partes para proceder á actualización da revisión salarial do ano 2001, e á revisión e actualización dos salarios para o ano 2002, segundo o aprobado no convenio colectivo desta empresa, subscrito con data do 10 de maio de 1999, así como os acordos subscritos tamén por ámbalas partes os días 18 de febreiro de 2000 e 1 de febreiro de 2001.

Como resultado desta revisión acórdase o seguinte:

1. A táboa salarial para o ano 2001 queda actualizada cun incremento do 0,7% sobre a do ano 2002, como resultado de aplica-lo 0,7% que o IPC real do ano 2001 tivo con respecto ó 2% do IPC previsto polo Goberno para ese ano.

2. O complemento de asistencia para o ano 2001 pasa a ser de 280 pesetas (equivalente a 1,68 euros) e o de locomoción de 525 pesetas (equivalente a 3,16 euros), como consecuencia da aplicación da porcentaxe de revisión detallada no número anterior.

3. Os salarios para o ano 2002 actualízanse nun 2,25% sobre a táboa salarial do ano 2001, revisada e actualizada conforme o detallado no número 1. O 2,25% resulta do IPC previsto polo Goberno para o ano 2002, o 2% máis o 0,25%, tal e como estaba previsto no artigo 3 do convenio colectivo en vigor.

4. O complemento de asistencia para o ano 2002 será de 1,72 euros e o complemento de locomoción para o ano 2002 será de 3,22 euros.

5. As horas extraordinarias incrementaranse no 2% para o ano 2002.

6. Se a cifra real do IPC, o 31 de decembro de 2002, superase o 2%, será revisada a táboa salarial no dito exceso. Esta revisión terá efectos do 1-1-2002, e as diferencias resultantes aboaranse nunha soa paga no primeiro trimeste do ano 2003. O complemento de asistencia e o de locomoción serán revisados e actualizados no exceso que se pro

duza entre o 2% de incremento aplicado e o IPC real a 31 de decembro de 2002.

7. Quedan elaboradas e xúntanse a este acordo as táboas salariais do ano 2001 revisadas, e as do ano 2002 actualizadas.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión.

Táboa salarial do convenio colectivo da empresa

Club de Campo de Vigo, revisada conforme

o artigo do acordo do 1-2-2001

Ano 2001

CategoríasSalario brutoGrat. vol. abs

Ptas.EurosPtas.Euros

Persoal administrativo
Xerente284.3141.708,76
Oficial 1ª133.236800,7615.57393,60
Oficial 2ª110.547664,40
Auxiliar administrativo85.318512,77
Aspirante advo. (17 anos)S.M.I.S.M.I.
Aspirante advo. (16 anos)S.M.I.S.M.I.

Persoal subalterno
Conserxe101.576610,4813.29279,89
Axudante de conserxe100.255602,54
Porteiro84.690509
Mozo dos recados (17 anos)S.M.I.S.M.I.
Mozo dos recados (16 anos)S.M.I.S.M.I.
Coidador de pistas100.255602,54

Persoal obreiro
Xardiñeiro107.866648,29
Vixilante nocturno100.255602,54
Especialista100.255602,54
Peón91.759551,48
Encargada limpeza94.603568,5842.160253,39
Limpadora94.603568,58

Persoal bar-restaurante
Encargado199.6841.200,1322.662136,20
Subencargado143.226860,8122.662136,20
Camareiro100.255602,54
Axudante camareiro84.690509
Aprendiz camareiro (17 anos)S.M.I.S.M.I.
Aprendiz camareiro (16 anos)S.M.I.S.M.I.
Xefe de cociña157.456946,33
Cociñeiro121.303729,05
Axudante de cociña94.603568,58
Pinche de cociña94.603568,58
Pinche de cociña (17 anos)S.M.I.S.M.I.
Pinche de cociña (16 anos)S.M.I.S.M.I.

Táboa salarial do convenio colectivo da empresa

Club de Campo de Vigo

Ano 2002

CategoríasSalario bruto (euros)Grat. vol. (euros)

Persoal administrativo
Xerente1.747,21
Oficial 1ª818,7895,70
Oficial 2ª679,35
Auxiliar administrativo524,31
Aspirante advo. (17 anos)S.M.I.
Aspirante advo. (16 anos)S.M.I.

Persoal subalterno
Conserxe624,2281,68
Axudante de conserxe616,10
Porteiro520,45
Mozo dos recados (17 anos)S.M.I.
Mozo dos recados (16 anos)S.M.I.
Coidador de pistas616,10

CategoríasSalario bruto (euros)Grat. vol. (euros)

Persoal obreiro
Xardiñeiro662,87
Vixilante nocturno616,10
Especialista616,10
Peón563,89
Encargada limpeza581,37259,09
Limpadora581,37

Persoal bar-restaurante
Encargado1.227,13139,27
Subencargado880,17139,27
Camareiro616,10
Axudante camareiro520,45
Aprendiz camareiro (17 anos)S.M.I.
Aprendiz camareiro (16 anos)S.M.I.
Xefe de cociña967,62
Cociñeiro745,45
Axudante de cociña581,37
Pinche de cociña581,37
Pinche de cociña (17 anos)S.M.I.
Pinche de cociña (16 anos)S.M.I.