Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.368

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 4 de febreiro de 2003, da Dependencia de Recadación de Oviedo, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidad co disposto no artigo 126.4º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.catro da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible levala a efecto por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos, a Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo.

Suxeito pasivo

Concepto/Obx.

tributario

Acto que se notificará

11062460N Escobar García, ManuelVehic. exp: 2001/08596Providencia de constrinximento
32431451W García Pérez, RamónSanción exp: 2000/115Providencia de constriximento
09427453Y Possemato Álvarez, M.G.Recadación multas

e sancións

Providencia de constrinximento
53515179K Romero Montoya, Mª CarmeRecadación sancións

transportes

Providencia de constrinximento

En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados anteriormente, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación de Oviedo da Axencia Tributaria, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo ou na Delegación ou Administración da Axencia Tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, advírtese ós interesados que, de non compareceren no mencionado prazo, se entenderá producida a notificación para tódolos efectos legais

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Oviedo, 4 de febreiro de 2003.

José Manuel González-Lamuño Leguina

Xefe da Dependencia de Recadación de Oviedo