Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.367

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 4 de febreiro de 2003, da Dependencia de Recadación de Valladolid, de notificación de providencia de constrinximento.

Tentada a notificación ós interesados ou ós seus representantes, por dúas veces, sen que este se puidese realizar por causas non imputables á Administración tributaria, é polo que de conformidade co disposto nos artigos 105 e 126 da Lei xeral tributaria, de acordo coas modificacións introducidas pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, son citados os interesados ou os seus representantes mediante este anuncio, para seren notificados por comparecencia.

Procedemento de constrinximento administrativo.

Órgano responsable da tramitación: Dependencia de Recadación.

Lugar: Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, praza de Madrid, 5, Valladolid.

Prazo: 10 días, contados a partir do seguinte día hábil da publicación deste anuncio no boletín oficial correspondente, de luns a venres, en horario de nove a catorce horas. Cando transcorrido o dito prazo non se comparecese, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Relación de notificacións pendentes: xúntanse en documento anexo.

Valladolid, 4 de febreiro de 2003.

Gerardo Arranz Sanguino

Xefe da Dependencia de Recadación de Valladolid

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteD. Pro. Cons.

35542994J

Alonso Ramos, Manuel

r/ Larga, 1. Aldeamayor S

Liq./tra exp: 2001/00187 Liq. 00001002C11000023600699434.299,4615-10-2002

A47395876

Porvegal Sal

r/ Vázquez Menchaca, 110,

Valladolid

Recaudación multas y sanciones D. XEC1100002150078513311,7615-10-2002