Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 27 de febreiro de 2003, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Resolve-las alegacións formuladas por particulares e entidades no período de información pública da aprobación inicial do PXOM, no sentido recollido no tomo V Análise das alegacións (texto refundido), e polos pronunciamentos e motivacións xurídico-legais que se expresan en cada unha, así como os informes incorporados ó expediente.

Segundo.-Prestar aprobación definitiva ós convenios urbanísticos subscritos entre a Administración municipal e persoas xurídicas e particulares, recollidos no tomo relación de convenios urbanísticos, que á súa vez se corresponden cos aprobados na sesión plenaria celebrada o día 1 de agosto de 2002, de aprobación inicial do PXOM, e que estiveron de manifesto a exposición pública, coa aprobación inicial do plan e que son os seguintes:

orde

InteresadoNº rexistro

entrada

concello

1Davisa 5860, S.L.4788/2002

2Emprosal 16, S.A.5374/2002

3Daniel Otero Rey (Hotel Sanxenxo)4789/2002

4Erosmer Ibérica, S.A.4729/2002

5Alfonso de la Cierva Moreno, en represent. de Altos de Miraflores, S.L.4980/2002

6Alpri 2000, S.L. Aprobado polo Concello Pleno en sesión de 29-1-2002

7Mourigada, S.L.5974/2002

Terceiro.-Prestar aprobación á relación de compromisos de urbanización (tomo do mesmo nome) propostos por particulares e aceptados pola Administración municipal, que recolle os aprobados no trámite de aprobación inicial do plan xeral e os incorporados con posterioridade, e que son os seguintes:

orde

InteresadoNº rexistro

entrada

concello

1Entrerregos, S.L., Pedrafurada, S.L. e Paradise, S.L.5721/2002

2Mª Elvira García Prieto e Josefa Prieto Rey5701/2002

3Luis Garayzabal Enjuto5695/2002

4Lino Pedreira Bergaña e Manuel Leiro López5697/2002

5Erosmer Ibérica, S.A.4729/2002

6Exclusivas Promocasa y Comercio, S.L.5691/2002

7Lanzada Sol, S.L.5700/2002

8Conpro Caeira, S.L.5686/2002

9Rogelio Barreiro Quiñones e outros1137/2003

11Altos de Miraflores, S.L.4980/2002

12José-Manuel Vidal Otero5685/2002

15Manuel Barbeito Fernández e outros1135/2003

16Mª Anuncia Esperanza Alonso Méndez e outros960 e

1051/2003

17Fernando Lafuente Lestón1126/2003

18Mª Rosario Castro Fernández987/2003

19José Manuel Uhía Domínguez941/2003

20Manuel Cortizo Medal942/2003

21Francisco Javier Casas García958/2003

22Victoria Trelles Pombo1025/2003

23Jesús Garriga Paz868/2003

24José Torres Touriño e outros965/2003

25José Torres Touriño e outros966/2003

26Epifanio Piedras910/2003

27Mª Ángeles Botana Padín e outros977/2003

28Jesús Guzmán Cortegoso918/2003

29Félix de la Calle y Montalvillo1085/2003

30Carlos Telmo Torres1258/2003

O número 10 está en desenvolvemento na actualidade e os número 13 e 14, serán desenvoltos polo concello.

Cuarto.-Conseguintemente, aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado por Interurban, S.A., e recollido na documentación seguinte:

-Tomo I. Información urbanística.

-Tomo II. Memoria (texto refundido).

-Tomo III e IV. Normativa urbanística e planos de ordenación.

-Tomo V. Análise das alegacións (texto refundido).

-Anexo ó tomo III. Catálogo de edificios e elementos para conservar.

-Relación de convenios urbanísticos incorporados ó PXOU.

-Relación de compromisos de urbanización.

Quinto.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, isto é:

a) O acto de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Así mesmo deberá publicarse no BOP o documento que conteña o texto íntegro da súa normativa e ordenanzas.

b) Darase traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dunha copia adverada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado, con tódolos planos e documentos que integran o plan xeral, debidamente dilixenciado polo secretario do concello.

A eficacia do acto de aprobación definitiva, e a entrada en vigor do plan aprobado, quedan condicionadas ó cumprimento do disposto neste artigo e ó que dispoña para o efecto a lexislación reguladora da Administración actuante.

O presente acordo esgota a vía administrativa e contra este poderá interpoñerse directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Nembargantes, tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que o interesado considere procedente consonte dereito, significándose que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non admite interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Segundo o disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a normativa e as ordenanzas do presente PXOM publicaranse no BOP, e non entrará en vigor ata que transcorra o prazo de 15 días.

A documentación correspondente á aprobación definitiva remitiúselle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o día 12 de marzo de 2003, rexistro de saída do concello número 928.

Sanxenxo, 13 de marzo de 2003.

Telmo Martín González

Alcalde