Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, na súa sesión de data do 6 de marzo do ano que andamos, o estudio de detalle promovido por Profaro Terrenos, S.L., representada por Juan Lago Pérez, segundo o proxecto refundido redactado polo arqui

tecto Manuel Bouzas Cabada, visado polo COAG con data 2 de xaneiro de 2003 e plano 3 modificado, visado o 28-1-2003, que ten por finalidade reaxusta-las aliñacións e rasantes e ordena-los volumes do ámbito das antigas naves de Regoxo, sométese a información pública polo prazo de 20 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á disposición de calquera persoa física ou xurídica que queira examinalo para deducir alegacións.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos/as propietarios/as e demais interesados/as directamente afectados/as que, por resultaren descoñecidos/as ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Redondela, 7 de marzo de 2003.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde