Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/306-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Ferroatlántica, S.L.

Domicilio social: Paseo de la Castellana, 86-7º. 28045 Madrid.

Denominación: Central Hidroeléctrica Novo Pindo.

Situación: Dumbría.

Descricións técnicas: central hidroeléctrica denominada Novo Pindo no concello de Dumbría, constituída por:

-Turbina tipo Francis, de eixe horizontal, para un salto neto de 198,8 m, caudal nominal de 5 m/s e 10,25 MW de potencia máxima.

-Alternador síncrono trifásico de 11.100 kVA de potencia nominal aparente, a 800 rpm e 6 kV de tensión de xeración.

-Conxunto de celas de neutro, de saída á central de Castrelo, de medida e de potencia de grupo, así como cadro de servicios auxiliares de baixa tensión. Dumbría.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL