Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.334

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2003, do tribunal nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos forestais, pola que se fai pública a data e o lugar de lectura do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 8 de marzo de 2003, o tribunal nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B, escala de enxeñeiros técnicos forestais), convocado pola Orde do 8 de outubro de 2002, acordou que a lectura do segundo exercicio da fase de oposición se efectúe na aula 12 da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, rúa Madrid 2-4 Polígono das Fontiñas, o día 24 de marzo ás 17 horas.

De conformidade co disposto na base II.3.2 da convocatoria a orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra T.

De conformidade coa base II.3.5 a publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo exercicio farase nos lugares onde tivese lugar o primeiro.

Convócase para o día 24 de marzo ás 17 horas:

De Todea González, Antonio a Veiga Aguiar, Fernando.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2003.

Alfonso García Magariños

Secretario do tribunal