Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.326

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 17 de febreiro de 2003 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais da Pobra de Brollón e Pol.

Polo Decreto 156/2003, do 16 de xaneiro (DOG nº 32, do 14 de febreiro), desafectáronse varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais da Pobra de Brollón e Pol.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Edificio destinado a oficinas, que consta de baixo e unha planta, situado na avenida de José Antonio, s/n, na vila e municipio da Pobra do Brollón, que ten unha parte de almacén na zona posterior da edificación, coas seguintes superficies: o baixo e mailo almacén 163 m, a planta primeira 135 m. O conxunto construíuse sobre un soar duns 192 m coñecido como da Tapia. Estrema: pola súa fronte ou leste, estrada da Pobra de Brollón ó Incio; esquerda ou sur, Isaac Martínez Novo; e dereita ou norte e costas ou oeste, resto do predio matriz propiedade de José Espinosa Feijoo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Quiroga no tomo 222, libro 86, folio 9, predio nº 6968, inscrición 3ª.

2. Edificio de planta baixa e alta, que ocupa 104 m de superficie do seu soar de 240 m, situado preto do Campo da Feira de Mosteiro, na actualidade rúa Castelao nº 21, parroquia e termo municipal de Pol (Lugo). Linda: fronte ou oeste, rúa Castelao, antes estrada de Fonfría a Mosteiro; costas ou leste, predio matriz, hoxe Higinio Freire Otero; dereita entrando ou sur, Darío Pérez Valcarce, hoxe Higinio Freire Otero; e esquerda entrando ou norte, Jesús Saavedra Huerta.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo no tomo 679, libro 41, folio 146, predio nº 4153, inscrición 2ª.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO