Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 19 de marzo de 2003 Páx. 3.326

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 11 de marzo de 2003 pola que se nomean os membros da Comisión de Selección de Investigación.

O Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, (DOG do 6 de febreiro), crea a Comisión de Selección de Investigación, dependente da Consellería da Presidencia e Administración Pública, a través da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, determina as súas funcións e fixa o marco para a súa composición e para o nomeamento dos seus membros.

A nova estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia fixada polo Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, establece entre os órganos superiores da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Así mesmo, a orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 30 de xaneiro de 2003 dispón que o exercicio das funcións que o Decreto 374/1998, do 29 de decembro, lle atribuía á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En consecuencia e dada a necesidade de que a Comisión de Selección de Investigación inicie as súas reunións para elaborar propostas de resolución das axudas correspondentes ó programa de Promoción Xeral de Investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica cómpre nomea-los membros da dita comisión.

Polo que antecede, e atendendo á proposta do director xeral de Investigación e Desenvolvemento, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998 queda integrada polas persoas que a seguir se relacionan:

Presidente: José Ramón Leis Fidalgo.

Vocais:

-Manuel José Botana Agra. Área de ciencias sociais e xurídicas.-Mercedes Brea López. Área de humanidades.-Diego Cabello Ferrer. Área de ciencias experimentais.

-Mª Victoria Carballo-Calero Ramos. Área de humanidades.-Javier Cuadrado Aranda. Área de ensinanzas técnicas.-Luis Felipe de la Cruz Palomino. Área de ciencias da saúde.

-Luis Diz Marzán. Área de ciencias experimentais.-Jorge Domínguez Martín. Área de ciencias experimentais.-Fernando Domínguez Puente. Área de ciencias da saúde.-Antonio Figueras Huerta. Área de ciencias experimentais.-Antonio García Pino. Área de ensinanzas técnicas.-José Manuel Sánchez Santos. Área de ciencias económicas.-José Luis Veira Veira. Área de ciencias sociais e xurídicas.

Secretario: un funcionario da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Artigo 2º

Facúltase a Comisión de Selección de Investigación para solicitar información e asesoramento, establecendo os contactos necesarios que conduzan a unha máis axeitada distribución dos fondos destinados ás convocatorias de axudas e bolsas de fomento da investigación que xestione a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 12 de marzo de 2001 (DOG do 19 de marzo).

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio