Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 17 de febreiro de 2003, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-02424-O-2001 e outro máis).

Por medio desta cédula requirese os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no

anexo, para que, tendo devido firmes as resolucións sancionadoras que se citan nel sen que os sancionados as aboasen, procedan ó pagamento delas.

Son requiridos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF: S1511001H, clave 390001, co apercibimento de que de non facelo efectivo no devandito prazo se procederá o seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 17 de febreiro de 2003.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-02424-O-2001

89-10-QF

G.C. de Tráfico

Transcuenca Transportes Internacionais, Lda.

Cidade de Leiria, 1 CV2 2900 Setubal

(Portugal)

Non ofrecer garantías de funcionar correctamente o tacógrafo do vehículo por teren transcorrido máis de dous anos desde a última inspección do tacógrafo. Data última inspección 13-4-1999.

11-7-2001; 12.05; A-52; 261

R(CE) 3821/1985Art. 143 Lei 16/1987

art. 201 R.D. 1211/1990

300,51 A

PO-01053-O-2001

39-35-KA

G.C. de Tráfico

Transportadora Moderna de Chaves, Lda.

Lg da Estaçao, -- 0 Chaves (Portugal)

Non ter realizada a revision periódica obrigatoria do tacógrafo. Caducada desde o 3-8-2000. Tacógrafo marca kienzle 1314.26. nº 0104186. Servicio público.

5-4-2001; 11.05; N-120; 667

R(CE) 3821/1985Art. 143 Lei 16/1987

art. 201 R.D. 1211/1990

300,51 A