Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 17 de febreiro de 2003, da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número D.X. 39/2002, interposto contra a resolución do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, do 24 de xullo de 2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado Juan Bautista Baamonde Sánchez, co último enderezo coñecido en Xeneral Sanjurjo, 173-4º 15006 A Coruña, a resolución do recurso de alzada número D.X. 39/2002, interposto por Juan Bautista Baamonde Sánchez contra a resolución do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, do 24 de xullo de 2002, da que a súa parte dispositiva di:

RESOLVO:

Por proposta da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte, desestima-lo recurso de alzada número D.X. 39/2002, interposto por Juan Bautista Baamonde Sánchez contra a resolución do Servicio Provincial de Transportes da Coruña do 24 de xullo de 2002, pola que se acorda denega-la petición de rehabilitación da autorización de transportes da serie MPC-Nacional nº 10527340-0, para o vehículo de matrícula C-9233-CG.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de

dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2003.

Javier de Bidegain García

Subdirector xeral de Ordenación do Transporte