Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.178

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de marzo de 2003 pola que se convocan licencias por estudios para o curso 2003-2004 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

A Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación establece no seu artigo 57 que as administracións educativas promoverán a actualización e a mellora continua da cualificación profesional dos profesores e a adecuación dos seus coñecementos e métodos á evolución da ciencia e das didácticas específicas. No punto 2 do mesmo artigo engade, así mesmo, que os programas de formación permanente do profesorado deberán contempla-las necesidades relacionadas coa organización e dirección dos centros, a coordinación didáctica e a orientación e titoría, coa finalidade de mellora-la calidade do ensino e o funcionamento dos centros.

A citada lei considera, no seu artigo 62, dentro das medidas de apoio ó profesorado o desenvolvemento de licencias retribuídas, de acordo coas condicións e requisitos que se establezan, co fin de estimula-la realización de actividades de formación e de investigación e innovación educativa.

No momento actual cobra unha especial importancia a formación do profesorado a través de períodos longos nos que se reforce, complete ou actualice a súa formación inicial. Nalgúns colectivos a formación programada a través de actividades curtas e puntuais

non parece suficiente, polo que se considera conveniente ofertar esta modalidade formativa de máis longa duración para favorecer que os profesionais amplíen a formación na súa especialidade, realicen proxectos de investigación, e mesmo acaden unha nova titulación, especialmente naqueles casos nos que é esixida pola normativa vixente.

Por todo o exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN

Convocatoria.

Artigo 1º

Convócanse licencias por estudios para o curso 2003-2004 dirixidas a funcionarios docentes de carreira que pertenzan ós corpos detallados no seguinte artigo, destinados actualmente e durante o próximo curso 2003-2004 en centros docentes, en equipos de orientación específicos, en centros de formación e recursos, nos servicios centrais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos servicios provinciais de Inspección Educativa, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo as condicións e a distribución por corpos e modalidades que se establecen e relacionan no anexo I desta orde.

Candidatos.

Artigo 2º

Os corpos ós que se refire o artigo precedente son os que se detallan a continuación:

a) Mestres.

b) Profesores de ensino secundario.

c) Profesores técnicos de formación profesional.

d) Profesores de artes plásticas e deseño.

e) Mestres de taller de artes plásticas e deseño.

f) Catedráticos de música e artes escénicas.

g) Profesores de música e artes escénicas.

h) Profesores de escolas oficiais de idiomas.

i) Corpos e escalas docentes declaradas a extinguir.

j) Inspectores de educación e inspectores ó servicio da Administración educativa.

Condicións.

Artigo 3º

Os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

1. Estaren en situación de servicio activo e prestando servicios ininterrompidos durante os cursos 2001-2002 e 2002-2003, e no 2003-2004 seguiren tendo destino en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nos servicios provinciais de Inspección Educativa.

2. Ter, como mínimo, tres anos de antigüidade como funcionario de carreira nos corpos e escalas que se detallan no artigo 2º desta orde, dos que, cando menos, un fose exercido no corpo actual. Para estes efectos computaranse os servicios ata o 31 de agosto de 2003.

3. Non estar destinado en comisión de servicios durante o período para o que se solicita a licencia. Para tales efectos será de aplicación o disposto no artigo 13º.4 da presente convocatoria.

4. Non estar destinado en adscrición temporal no exterior durante o curso 2002-2003 nin durante o período para o que se solicita a licencia. Para tales efectos será de aplicación o disposto no artigo 13º.4 da presente convocatoria.

5. Obter como mínimo catro puntos no epígrafe 1.2 do baremo que figura no anexo IV a esta convocatoria.

6. Non ter desfrutado de licencia por estudios outorgada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

7. O desfrute dunha licencia por estudios é incompatible con programas europeos, estadías formativas en empresas e actividades formativas de inglés e francés no estranxeiro; polo que, se un solicitante obtén praza en calquera destas convocatorias, deberá notificalo con carácter de urxencia e por escrito á directora xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Solicitudes e documentación.

Artigo 4º

Os candidatos ás licencias por estudios que se convocan deberán presenta-la súa solicitude segundo o modelo do anexo II e segundo o procedemento establecido nos artigos 6º e 7º.

Artigo 5º

Á solicitude xuntaráselle a seguinte documentación:

1. Folla de servicios, segundo o modelo do anexo IX, debidamente cuberta polo/a solicitante e fotocopia compulsada do título administrativo de funcionario de carreira (non o título de mestre, diplomado ou licenciado), pechada o 31 de agosto de 2003.

2. Proxecto de estudios ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licencia, segundo o contido do anexo III. Unicamente se poderá solicitar unha das modalidades.

3. No caso de solicitudes de licencias por estudios para obter por primeira vez o título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou estudios equivalentes; diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou estudios equivalentes, deberá presentarse promesa ou declaración xurada de non ter previamente unha titulación equivalente ou superior.

4. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo IV desta orde.

5. No caso das licencias por cuadrimestres (modalidade 4 e 5) deberase especifica-lo cuadrimestre que se prefire; de non facelo, adxudicaráselle automaticamente o primeiro.

6. Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo IV.

7. Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que aleguen fóra do prazo ó que se refire o artigo 6º da presente convocatoria.

Prazo de presentación

Artigo 6º

As solicitudes, xunto coa documentación expresada anteriormente, deberán presentarse no prazo dun mes,

contado a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, a través do rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sendo imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se, en uso deste dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre aberto para que sexa datado e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.

As oficinas receptoras remitiranlle os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.

Valoración profesional.

Artigo 7º

No mesmo prazo de presentación da documentación citada no artigo anterior, independentemente dela, o profesorado que solicite licencia deberá presentar, no Servicio de Inspección de Educación da delegación provincial correspondente, a seguinte documentación:

1. Solicitude de informe segundo o modelo que aparece como anexo V a esta orde, co fin de que o Servicio de Inspección emita o informe correspondente de acordo co anexo VII a esta orde.

2. Fotocopia da instancia de solicitude da licencia por estudios (anexo II).

Artigo 8º

No caso dos inspectores de educación ou inspectores ó servicio da Administración educativa presentarán, no mesmo prazo indicado no artigo anterior, a solicitude de informe (anexo VI) dirixida ó subdirector xeral de Inspección, xunto coa fotocopia do modelo de informe (anexo VIII).

Artigo 9º

1. Vistas as solicitudes, os servicios de Inspección de Educación emitirán informe, segundo o modelo recollido no anexo VII da presente convocatoria, e deberán remitilo directamente ó presidente da comisión seleccionadora dentro dos sete días naturais seguintes ó da presentación da documentación aludida no artigo 6º.

2. Este informe referirase ós seguintes aspectos:

a) Organización da súa actividade docente (programación, metodoloxía, utilización de recursos, criterios de avaliación, actividades extraescolares, etc.).

b) Participación no funcionamento dos centros (traballo cos equipos docentes, departamentos, seminarios, colaboración cos órganos de goberno, titorías, etc.).

c) Participación en programas educativos de innovación.

3. O informe dos profesores solicitantes que estean destinados en comisión de servicios, liberados sindicais, etc. referirase ó período docente anterior ó destino en comisión de servicios.

4. O resultado deste informe traducirase nunha valoración global de 0 a 1,5 puntos, segundo se especifica no punto 2.2 do anexo IV.

Comisión de selección.

Artigo 10º

1. A selección dos candidatos realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

-Presidente: o secretario xeral, ou persoa en quen delegue.

-Vocais: ata un máximo de catro vocais, con categoría de subdirector xeral, xefe de servicio ou membros da Inspección Educativa.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

-Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de persoal docente non universitario poderán nomear un representante para asistir ás sesións da comisión.

-A comisión poderá solicita-la incorporación de asesores especialistas ós seus traballos, limitándose os devanditos asesores a prestaren a súa colaboración.

2. A comisión poderá dispoñe-la constitución dunha subcomisión técnica especializada só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos previstos nos puntos 2, 3 e 5 do baremo do anexo IV. Ás reunións desta subcomisión poderán asistir representantes das organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de persoal docente.

3. Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Resolución da convocatoria.

Artigo 11º

A comisión seleccionadora realizará unha preselección segundo a puntuación obtida conforme o baremo que figura como anexo IV desta convocatoria e tendo en conta, ademais, os seguintes criterios prioritarios, para efectos de outorga-la puntuación correspondente:

1. Na modalidade 1 (teses de doutoramento) terase en conta como criterio prioritario a súa relación con algunha das áreas do currículo da educación secundaria obrigatoria ou materias do bacharelato, así como as de pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía. Excluiranse automaticamente aquelas teses de doutoramento que non se atopen na fase final da súa elaboración, polo que a persoa que dirixe a tese deberá xustificar que a súa presentación, para súa defensa, se realizará durante o período da licencia.

2. Nas modalidades 2, 3 e 4 (primeira licenciatura, enxeñería ou arquitectura; primeira diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica; segunda licenciatura, enxeñería ou arquitectura) daráselles prioridade a aquelas solicitudes relacionadas con algunha das distintas áreas do currículo da educación secundaria obrigatoria, materias do bacharelato ou módulos dos ciclos formativos así como ás de pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía.

Excluiranse os solicitantes que no momento de presenta-la documentación:

a) Teñan só pendente unha ou dúas materias para remata-la licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes; primeira diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudios equivalentes.

b) Teñan pendente, para rematar, ademais dun curso completo (ou número equivalente de materias) outras tres ou máis materias.

Para estes efectos consideraranse superadas tódalas materias das que o solicitante estea matriculado no momento de presenta-la documentación ata un máximo dun curso completo.

Considerarase como unha materia aquela que ten a duración dun curso académico ou entre doce e quince créditos. A comisión poderá face-las equivalencias pertinentes segundo a duración deles.

3. Na modalidade 5, licencias de proxectos, estes centraranse en traballos de investigación directamente relacionados co ámbito de traballo docente dos solicitantes e coas necesidades do sistema educativo, tendo en conta o seguinte:

a) Realizaranse, preferentemente, sobre algún dos seguintes ámbitos:

-Elaboración de materiais curriculares relacionados coas distintas áreas e materias do currículo.

-Elaboración de recursos educativos multimedia interactivos.

-Elaboración de materiais curriculares que contribúan á utilización da lingua galega no ensino.

-Atención á diversidade.

-Orientación educativa, psicopedagóxica e profesional.

-Mellora da calidade da educación.

-Dirección e organización dos centros docentes.

-Aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación ás áreas, materias e módulos do currículo.

-Temas transversais do currículo no ensino non universitario.

-Mellora da competencia comunicativa nas linguas estranxeiras. Neste caso, primarase a inmersión lingüística nun país da Unión Europea, para adquiri-lo dominio da súa lingua e coñece-la súa realidade sociocultural.

b) No caso de que o proxecto de investigación ou innovación, nesta modalidade, sexa realizado por un equipo só poderá dispoñer de licencia retribuída o/a coordinador/a del.

c) A elaboración do proxecto deberá facerse segundo se indica no anexo III.

d) A comisión poderá convoca-los interesados para a realización dunha entrevista.

No caso das licencias de proxectos para os funcionarios dos corpos de inspectores, poderán centrarse, ademais dos temas referidos anteriormente, en temas relacionados coas funcións da Inspección Educativa.

4. En caso de empate entre os funcionarios, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

a) Maior puntuación no epígrafe 1.2 do baremo.

b) Maior puntuación no epígrafe 2.1 do baremo.

5. En ningún caso se poderá excede-lo número total de licencias establecido coa distribución indicada no anexo I.

Artigo 12º

1. A relación dos preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais, así como na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, abríndose un prazo de dez días naturais para efectuar reclamacións ante o presidente da comisión. Transcorrido este prazo, unha vez resoltas as reclamacións, a comisión seleccionadora remitiralle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da concesión de licencias por estudios, xunto coa acta ou actas definitivas nas que se indicarán as valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados.

2. No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior, poderán presentarse renuncias á concesión das licencias por estudios perante a mencionada comisión seleccionadora.

Artigo 13º

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará a resolución definitiva de licencias por estudios no Diario Oficial de Galicia, expedindo, así mesmo, as credenciais singulares correspondentes.

2. Unha vez resolta a presente convocatoria non se admitirán renuncias ás licencias concedidas, agás casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

4. No caso de que un profesor obtivese simultaneamente un posto en réxime de comisión de servicios, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria concederá a licencia ou ben a comisión atendendo ás necesidades do servicio.

5. As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de tres meses, desde a data de publicación da presente orde.

Períodos de duración das licencias por estudios.

Artigo 14º

1. O período improrrogable de duración das licencias dun curso completo será, como máximo, do 1 de setem

bro de 2003 ó 31 de agosto de 2004, para o profesorado de educación infantil e de educación primaria, e desde o 15 de setembro de 2003 ó 14 de setembro de 2004, para os corpos do profesorado de ensino secundario, ensinos do réxime especial e inspectores.

2. Nas licencias cuadrimestrais das modalidades 4 e 5, a duración dos cuadrimestres establécese do seguinte xeito:

a) Para o profesorado de educación infantil e de educación primaria:

-Primeiro cuadrimestre: do 1 de setembro de 2003 ó 31 de decembro de 2003.

-Segundo cuadrimestre: do 1 de xaneiro de 2004 ó 30 de abril de 2004.

-Terceiro cuadrimestre: do 1 de maio de 2004 ó 31 de agosto de 2004.

b) Para o profesorado que imparta docencia no ensino secundario e nas ensinanzas de réxime especial:

-Primeiro cuadrimestre: do 15 de setembro de 2003 ó 14 de xaneiro de 2004.

-Segundo cuadrimestre: do 15 de xaneiro de 2004 ó 14 de maio de 2004.

-Terceiro cuadrimestre: do 15 de maio de 2004 ó 14 de setembro de 2004.

c) Para funcionarios dos corpos de inspectores:

-Segundo cuadrimestre: do 1 de xaneiro de 2004 ó 30 de abril de 2004.

-Terceiro cuadrimestre: do 1 de maio de 2004 ó 31 de agosto de 2004.

3. Cando a licencia por estudios fose solicitada para poder desfrutar dunha bolsa concedida por algún organismo oficial, e o período de duración non coincida co do curso académico 2003-2004, poderá autorizarse o desfrute desta durante doce meses consecutivos, sen pasar, en ningún caso, a data do 31 de decembro de 2004, e sempre que as necesidades do servicio o permitan.

Documentación xustificativa.

Artigo 15º

Ó longo do período de licencias por estudios, os profesores beneficiarios presentarán perante o Servicio de Formación do Profesorado da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a seguinte documentación:

1. Para a modalidade 1 enviarase entre o 16 e o 31 de marzo un resumo do traballo realizado ata esa data.

2. Para as modalidades 2, 3 e 4 enviarase:

a) Durante os meses de outubro e novembro de 2003, orixinal ou fotocopia compulsada do xustificante da matrícula no centro no que se realizarán os estudios e pagamento das taxas desta.

b) Para as modalidades 2 e 3 certificado de asistencia ás clases feito por cada profesor referido ata o 15 de marzo de 2004, que se remitirá entre o 16 e o 31 do dito mes, ou declaración xurada de non ter clases presenciais, se é o caso.

c) No caso da modalidade 4 ó ser cuadrimestral, certificado de asistencia ás clases feito por cada profesor ou declaración xurada de non ter clases presenciais, sé o caso, que se enviará do 1 ó 8 do terceiro mes no que desfrute a licencia.

d) Para a modalidade 5 ó ser cuadrimestral, enviarase do 1 ó 8 do terceiro mes no que desfrute a licencia, resumo do traballo realizado ata esa data.

3. No prazo dun mes, contado desde a finalización do período da licencia por estudios e como documentación xustificativa dela, enviarase, segundo a modalidade, a seguinte documentación:

a) Para a modalidade 1: orixinal ou fotocopia compulsada do xustificante de ter depositada a tese para a súa lectura.

b) Para as modalidades 2, 3 e 4: certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada desta dos estudios realizados. No caso dos beneficiarios da modalidade 4, o prazo de presentación estenderase ata o remate do curso académico.

c) Para a modalidade 5: un orixinal da memoria do proxecto realizado e unha copia desta en soporte informático, que comprenderá o conxunto de disquetes ou CD-ROM necesarios. Os arquivos de texto estarán elaborados cun procesador estándar para ordenador persoal. Tamén se poderán incluir arquivos de follas de cálculo, de base de datos, de ilustracións, debuxos ou gráficos.

4. Unha vez rematado o prazo de presentación das documentacións xustificativas das licencias, reunirase a comisión para face-la avaliación destas. O resultado acadado comunicaráselle ós interesados por escrito.

Situación administrativa e compromisos dos seleccionados.

Artigo 16º

Durante o tempo de duración da licencia por estudios os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias.

Artigo 17º

A concesión de licencias por estudios implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade pública ou privada, excepto para aqueles funcionarios docentes que teñan concedida unha compatibilidade con anterioridade á publicación desta orde.

Artigo 18º

O incumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á rescisión da licencia por estudios ou á posible incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguimento.

Artigo 19º

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais efectuará o adecuado seguimento e control dos estudios e traballos que se realicen durante o período da licencia, e poderá solicitar directamente, a través de entrevista, ou por medio da Inspección Educativa, información sobre o traballo rea

lizado e sobre o que queda pendente, de tal xeito que o non cumprimento do establecido no proxecto inicial poida dar lugar á rescisión da licencia.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria disporá das memorias e dos traballos realizados de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual.

2. Os autores para poder publicar pola súa conta os devanditos traballos, deberán solicitar e contar coa autorización previa da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, facendo constar na correspondente publicación que o traballo foi realizado durante unha licencia por estudios retribuída pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta mención figurará tanto no caso de que a publicación do traballo sexa total como parcial.

3. Co fin de que as investigacións poidan ser coñecidas polo profesorado, para contribuír á mellora do ensino, os traballos que estime de especial interese a comisión de avaliación poderán ser difundidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Retirada de documentación.

Artigo 20º

Unha vez transcorridos tres meses desde a data de publicación da resolución definitiva, os interesados, ou os seus representantes legais, poderán retira-la documentación ante o presidente da comisión.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Distribución de licencias por estudios que se convocan para o curso 2003-2004 segundo as modalidades e corpos ou escalas do profesorado:

ModalidadesTódolos

corpos agás

mestres e

inspectores

Corpo de

mestres

Corpos de

inspectores

1. Teses de doutoramento

(curso completo)

6 21

2. Primeira licenciatura

(curso completo)

330-

3. Primeira diplomatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes

(curso completo)

10--

4. Segunda licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes

(cuadrimestral)

10-1

5. Proxectos

(cuadrimestral)

50501

Totais79823

ANEXO III

Esquema do contido do proxecto de estudios

e documentación complementaria, segundo o caso

Modalidade:

1. Teses:

1.1. Título da tese.

1.2. Informe da persoa que a dirixe, no que se especifique a data do comezo do traballo e que este se atopa en fase final da súa elaboración. Neste informe farase constar que a presentación da tese, para a súa defensa, se realizará durante o período da licencia, dato que deberá constar no informe con total claridade e seguridade, xa que de non ser así, dará lugar á exclusión inmediata do solicitante.

1.3. Traballo xa realizado.

1.4. Traballo que realizará durante o período da licencia.

1.5. Certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada de ter aprobados os créditos correspondentes á tese de doutoramento.

1.6. Certificación orixinal ou fotocopia compulsada do departamento no que estea inscrita a tese.

2. Primeira licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes.

2.1. Escrito no que se especifique claramente as disciplinas que lle faltan para obte-la licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes, concretando a que curso ó que pertencen.

2.2. Certificación académica orixinal do curso 2002-2003, dos estudios realizados ata a data, correspondentes á licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes que solicita, na que conste, se é o caso, as materias nas que estea matriculado no curso 2002-2003.

2.3. Fotocopia do plan de estudios que está a seguir.

2.4. Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, enderezo, localidade, provincia, país e teléfono.

3. Primeira diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudios equivalentes:

3.1. Escrito no que se especifique claramente as disciplinas que lle faltan para obte-la diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudios equivalentes, concretando a que curso pertencen.

3.2. Certificación académica orixinal do curso 2002-2003, dos estudios realizados ata a data, correspondentes á diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudios equivalentes que solicita, na que conste, se é o caso, as materias nas que estea matriculado no curso 2002-2003.

3.3. Fotocopia do plan de estudios que está a seguir.

3.4. Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, enderezo, localidade, provincia, país e teléfono.

4. Segunda licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes:

4.1. Escrito no que se especifique claramente as disciplinas que lle faltan para obte-la licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes, concretando a que curso pertencen.

4.2. Certificación académica orixinal do curso 2002-2003, dos estudios realizados ata a data, correspondentes á licenciatura enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes que solicita, na que conste, se é o caso, as materias nas que estea matriculado no curso 2002-2003.

4.3. Fotocopia do plan de estudios que está a seguir.

4.4. Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, enderezo, localidade, provincia, país e teléfono.

4.5. Especificar claramente o cuadrimestre que se prefire; de non facelo adxudicaráselle automaticamente o primeiro.

5. Proxectos:

Presentarase un proxecto sobre o estudio ou traballo que se vaia realizar durante o período da licencia no que se explicitarán:

-Título do proxecto.

-Participante/s. Datos persoais e profesionais.

-Breve descrición do traballo que se vaia realizar: xustificación, obxectivos, contidos e metodoloxía que se empregará. No caso de que xa existise un traballo persoal (ou de equipo) previo, en relación co proxecto que se presenta, indicarase a fase na que se atopa.

-As fases do traballo ou estudio. Temporalización prevista.

-Os traballos ou investigacións que supoñan unha actuación en centros docentes ou noutras institucións públicas ou privadas, xuntarán certificado de conformidade da dirección do/s centro/s co visto e prace da Inspección educativa, ou autorización dos responsables das institucións, se é o caso.

-O proxecto terá unha extensión máxima de 20 páxinas.

-Especificar claramente o cuadrimestre que se prefire; de non facelo adxudicaráselle automaticamente o primeiro.

ANEXO V

Modelo para solicitude de informe para licencia por estudios

Curso 2003-2004

Don/Dona

Corpo

NRP

DNI

Centro de destino Teléfono

Localidade

Disciplina ou especialidade

SOLICÍTALLE:

Ó Servicio de Inspección da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o informe correspondente ó punto 2.2 do baremo da orde de convocatoria.

En..., ... de ... de 2003.

(Asinado)

(Para que o/a funcionario/a do rexistro o remita ó citado Servicio de Inspección Educativa).

ANEXO VI

Modelo para solicitude de informe para licencia por estudios para inspectores

Curso 2003-2004

Don/Dona

Corpo NRP

DNI

Sede de destino Teléfono

Localidade

Disciplina ou especialidade

SOLICÍTALLE:

Á Subdirección Xeral de Inspección Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o informe correspondente ó punto 2.2 do baremo da orde de convocatoria.

En ..., ... de... de 2003

(Asinado)

(Para que o/a funcionario/a do rexistro o remita á citada Subdirección Xeral de Inspección Educativa).

ANEXO VII

Modelo de informe

Curso 2003-2004

Servicio de Inspección da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Don/Dona

Corpo

NRP

DNI Centro de destino

Teléfono Localidade

Provincia

a) Organización da súa actividade docente:

b) Participación no funcionamento do centro:

c) Participación en programas educativos de innovación e reforma:

Total da valoración outorgada de (0 a 1,5) puntos.

En..., ... de... de 2003

O/a inspector/a

Vº e prace

O delegado provincial

ANEXO VIII

Modelo de informe para inspectores

Curso 2003-2004

Subdirección Xeral de Inspección Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Don/Dona

Corpo

NRP

DNI Sede de destino

Teléfono

Localidade Provincia

a) Función de avaliación:

b) Función de asesoramento e información:

c) Función de control:

d) Colaboración na formación permanente do profesorado:

Total da valoración outorgada de (0 a 1,5) puntos.

En..., ... de... de 2003

O subdirector xeral de Inspección Educativa

Vº e prace

O director xeral de Centros e Ordenación Educativa

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL