Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.122

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO de resolución do concurso de traslados 1/2003.

Ó abeiro do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase que o director xeral do CIXTEC dictou Resolución do 28 de febreiro de 2003, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados 1/2003, estando á disposición dos interesados nas dependencias do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), sito na rúa Domingo Fontán, nº 9, Santiago de Compostela, a relación da asignación das prazas do referido concurso.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable