Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de febreiro de 2003 pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras da convocatoria de 30 bolsas de promocion exterior.

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG nº 40, do 26 de febreiro de 2003, procede face-la seguinte corrección:

-Na páxina 2.342, primeiro parágrafo, onde di: «No caso de prórroga da bolsa e se estes non fosen desfrutados con anterioridade, poderán acumularse ós que correspondan ó período de prórroga, non tendo ningún modo a consideración de gratificables economicamente».

Debe dicir: «No caso de prórroga da bolsa e se estes non fosen desfrutados con anterioridade, poderán acumularse ós que correspondan ó período de prórroga, non tendo de ningún modo a consideración de gratificables economicamente».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA