Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Xoves, 13 de marzo de 2003 Páx. 3.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COIRÓS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión feita o 1 de marzo de 2003, por unanimidade dos asistentes, acordou aproba-lo documento definitivo do Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Coirós.

Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Coirós, 3 de marzo de 2003.

Francisco Quintela Requeijo

Alcalde