De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a sociedade interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo en avda. de Zamora nº 13, baixo, de Ourense, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 14 de febreiro de 2003.
Antonio Aguarón Turrientes
Xefe do Servicio Provincial de Ourense
ANEXO
Expediente: 32197/2002.
Interesado: Construcciones Río Tamega, S.L.
CIF: B-32157612.
Acto notificado: inicio do expediente.