Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Xoves, 13 de marzo de 2003 Páx. 3.022

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (2126/2001).

Na Coruña o vintetrés de outubro de dous mil dous.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada Caseiro, presidenta, Mª José Pérez Pena e Luis Barrientos Monge, maxistrados,

En nome de El-Rei pronunciaron a seguinte sentencia:

«Vistos en grao de apelación perante esta Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña os autos de menor contía 204/2000, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, ós que correspondeu o rolo 2126/2001, nos que aparece como parte demandante-apelada-impugnantes Manuel Pérez Sandá, Virtudes, Luis, Antonio, Mercedes e Josefina Pérez Portos, actuando os irmáns Pérez Portos, ademais, na súa condición de herdeiros de José Pérez Sandá e en beneficio e representación da comunidade hereditaria do referido causante (representados en primeira instancia pola procuradora sra. Pernas Grobas); como demandados-apelantes Manuel Pérez Barreiro, María Celsa Pérez Barreiro, Manuel Labandeira Pérez, Luisa Labandeira Pérez, Celsa Labandeira Pérez, Manuela Labandeira Pérez e Severino Labandeira Pérez (representados en primeira instancia polo procurador sr. Rodríguez Gascón); e como demandados-apelados, declarados en situación procesual de rebeldía: Elena Pérez Sandá

(en ignorado paradoiro), Benito Labandeira Pérez e os herdeiros descoñecidos e incertos de José María Labandeira Espiñeira; téndose avido á demandada Peregrina Pérez Portos e constando o falecemento dos demandados María Barreiro Fernández e José María Labandeira Espiñeira; sobre impugnación das operacións particionais nos autos de xuízo de testamentaría nº 210/1998, e sendo maxistrada relatora María José Pérez Pena.

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Que o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, con data

21-6-2001, dictou sentencia coa parte dispositiva que di como segue: «Decido que, estimando a demanda presentada pola procuradora sra. Pernas Grobas, en nome e representación de Manuel Pérez Sandá, Virtudes, Luis, Antonio, Mercedes e Josefina Pérez Portos, actuando os irmáns Pérez Portos ademais en condición de herdeiros de José Pérez Sandá e en beneficio e representación da comunidade de hereditarios do referido causante, debe declarar que a partición efectuada no xuízo de testamentaría nº 210/1998, ten que ser rescindida por lesión en máis da cuarta parte do valor real dos bens adxudicados ós demandantes, e ten que se proceder á elaboración dun novo caderno particional que emende as irregularidades cometidas, de conformidade co informe pericial emitido neste procedemento, procedendo ó sorteo das cotas correspondentes.

As custas impóñense ós demandados, coa excepción de Peregrina Pérez Portos.

Lévese testemuño desta resolución ó xuízo de testamentaría nº 210/1998, para os efectos procedentes».

Segundo.-Notificada a dita sentencia ás partes interpúxose contra ela recurso de apelación por parte dos demandantes, representados polo procurador sr. Rodríguez Gascón, que lle foi admitido en ámbolos efectos e conferidos polo xulgado de instancia os traslados que establece o artigo 734 da Lei de axuizamento civil; ás restantes partes eleváronse os autos a esta audiencia, para a resolución do recurso, correspondendo, por reparto, a esta sección segunda, sinalándose para votación e decisión xudicial o día 22-10-2002.

Decidimos que, con estimación parcial do recurso interposto contra a sentencia dictada o 21-6-2001 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, resolvendo o xuízo de menor contía nº 204/2000, debemos revogar e revogamos parcialmente a citada resolución no sentido de incluír na súa parte dispostiva a omisión sufrida por esta consistente en lles recoñecer ós demandados a opción mencionada, o cal exercerán en fase de execución de sentencia; todo iso sen facer expresa imposición en canto ó pagamento das custas causadas nesta alzada.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino o presente edicto na Coruña o vintedous de outubro de dous mil dous.

Rubricado