Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Xoves, 13 de marzo de 2003 Páx. 3.020

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de celebración dos exercicios de oposición da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

O epígrafe 2 da base sétima da orde da Consellería de Sanidade do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que os exercicios de oposición da fase de selección se realizarán no lugar, a data e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de sete días naturais de antelación, polo que, esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo na fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado pola do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), das categorías de auxiliar de enfermería e de celador, para a realización dos exercicios de oposición da fase de selección, do xeito que se detalla:

Día 23 de marzo de 2003:

-Auxiliar de enfermería.

Día 6 de abril de 2003:

-Celador.

Segundo.-O chamamento iniciarase ás 9.45 horas ámbolos dous días, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Terceiro.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

O chamamento é único polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 10 marzo de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos