Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Xoves, 13 de marzo de 2003 Páx. 3.019

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira.

En sesión que tivo lugar o día 5 de marzo de 2003, o tribunal designado por Orde do 27 de novembro

de 2002, para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira, convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001, acordou, de conformidade co disposto nas bases II.2.1 e III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 21 de marzo de 2003, na aula nº 11 da Escola Galega

de Administración Pública, situada na rúa Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 17 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 16.45 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2003.

José Ricardo Díaz Presedo

Presidente do tribunal